Péter Medgyessy, nado o 19 de outubro de 1942 en Budapest, é un político húngaro que foi o quinto primeiro ministro da República de Hungría dende o 27 de maio de 2002 até o 29 de setembro de 2004. O 25 de agosto de 2004 dimitiu polas diferenzas que tiña coa Alianza dos Demócratas Libres, ficando como primeiro ministro durante un período de 30 días como require a constitución, e uns cantos días máis até que o seu sucesor Ferenc Gyurcsány foi confirmado pola parlamento.
Estudos
Nado en Budapest, Medgyessy estudou económicas na Universidade Corvinus de Budapest (entón chamada Universidade de ciencias económicas Karl Marx). Graduouse en 1966, doutorándose máis tarde. Fala francés e romanés, e ten amplos coñecementos de inglés e ruso.
Notas
Categoría:Primeiros ministros de Hungría Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Budapest