Cuttino Rashawn Mobley, nado o 1 de setembro de 1975 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que militou na National Basketball Association dende 1998 até 2008. Con 1,93 metros de altura xogaba na posición de escolta.

Carreira Universidade Mobley asistiu á escola Incarnation of Our Lord na sección de Olney en Filadelfia. Tras graduarse, acudiu ao Instituto Cardinal Dougherty e a Maine Central Institute. Tras deixar o instituto, foi á Universidade de Rhode Island onde liderou aos Rams a aparecer no torneo da NCAA en 1998, chegando até a Elite Eight (final rexional).

NBA Foi seleccionado por Houston Rockets no pusto 41 da segunda rolda do Draft da NBA de 1998, xogando no conxunto texano durante seis anos antes de ser traspasado xunto con Steve Francis e Kelvin Cato a Orlando Magic a cambio de Tracy McGrady en 2004. Tras xogar 23 partidos cos Magic, foi enviado a Sacramento Kings por Doug Christie. Na tempada 2004-05, finalizou terceiro na clasificación de porcentaxe de tiros de tres.

En xullo de 2005, asinou un contrato de cinco anos e 42 millóns de dólares con Los Angeles Clippers. Mobley, xunto con Sam Cassell e Elton Brand, liderou o camiño cara a playoffs aos Clippers na tempada 2005-06, promediando 14.8 puntos e 4.3 rebotes na súa primeira campaña no equipo. O 21 de novembro de 2008 foi traspasado a New York Knicks xunto con Tim Thomas a cambio de Zach Randolph e Mardy Collins.

O 10 de decembro de 2008 anunciou a súa retirada aos 33 anos de idade por mor de problemas cardíacos detectados trala súa fichaxe polos Knicks, onde non puido debutar. Nas súas dez tempadas como profesional fixo unha media 16 puntos e 2,7 asistencias por partido.Cuttino Mobley retírase do baloncesto por mor dos seus problemas cardíacos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en NBA.com Estatísticas de Cuttino Mobley

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Escoltas de baloncesto