Kerli Köiv Vazmart, máis coñecida polo seu nome artístico Kerli, nada en Elva (Estonia) o 7 de febreiro de 1987, é unha artista musical estoniana.
Traxectoria Kerli medrou con poucas comodidades, xunto coa súa única irmá Samantha Köiv Vazmart, e tamén coa forte convicción de que algún día ía cambiar de ambiente. Isto non lle resultou demasiado complexo, e con 14 anos quedou segunda no certame Eurolaul, que clasifica os artistas estonianos para participar no Festival de Eurovisión.
Con estudos en canto, ballet, actuación e piano clásico, Kerli decidiu adicarse de cheo á música, con bos resultados. No 2006 firmou un contrato discográfico con Island/Def Jam, no 2007 lanzou o seu EP debut e no 2008, o seu primeiro álbum de estudio, titulado Love Is Dead. Segundo o sitio web da artista, neste álbum atopamos implícita toda a historia da pequena Kerli, con inicio nunha pequena aldea de Estonia, e tendo que cruza-lo mar cara a Escandinavia para poderse converter nunha artista de verdade.
Dese cambio na súa contorna, Kerli afirma que medrou moito como persoa, xa que na súa terra non se lle permitía amosa-las emocións e, dada a falta de opcións, o seu soño de marchar e facer música foi sempre a súa maneira de evadirse e fuxir.
Outras cancións que podemos atopar no mesmo disco son: "I Want Nothing", "Bulletproof", "Beautiful Day", "Butterfly Cry", "Fragile" e "Hurt Me", cantada xunto coa súa irmá.
«Nunca tiven un soño que non se chegara a realizar» confesou Kerli, cando se dispoñía a viaxar ós Estados Unidos para gravar. «Canto máis grande sexa o soño, máis tempo leva que se faga realidade. No momento no que te deixas levar, é cando algo acode a ti». «Todo o que desexo é ser feliz. Quero facer do amor a miña armadura para que nada me poida ferir».
Gravou tamén dúas cancións para a banda sonora de Alice in Wonderland, "Strange" (xunto con Tokio Hotel) e "Tea party" (cun vídeo musical).
Discografía Álbums de estudio Ano Título Posición nas listas Vendas e recoñecementos EUA ESTKerli seljatas Hu? (Kerli beat Hu?). Raadio 2 BELFlemish Ultratop ITA SWIswisscharts.com 2008 Love Is Dead Primeiro álbum de estudio Formatos: CD\Descarga dixital1261526492 Vendas nos Estados Unidos: 32,000 Vendas en Estonia: 3,500 Recoñecemento en Estonia: Platino miniatura|300px
EPs Ano Álbum Vendas2007Kerli EP Lanzamento: 16 de outubro de 2007 5000+ "—" denota que non entrou nas listas ou que non foi lanzado nese país.
Singles Ano Singles Posición máis alta Álbum SWILista suíza BEL ITA GER MTV BAL AUT LTV PL EST EU2008 "Love is Dead" — — — — — — — — 67 —Love Is Dead "Walking on Air" 37 32 12 25 5 35 10 20 1 632009 "Creepshow" — — — — 15 — — 42 15 256 "Fragile" — — — — — — — — — —
Notas
Categoría:Músicos de Estonia Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Elva