miniatura|O castelo e a catedral de Durham.

Durham (AFI: [ˈdʊɹəm] na pronuncia local, [ˈdʌɹəm] en RP) é unha pequena cidade localizada no nordeste da Inglaterra. Atópase ao sur das cidades de Newcastle upon Tyne, Chester-le-Street e Sunderland e ao norte de Darlington.

É bastante coñecida pola súa catedral e o seu castelo normandos, ambos os dous designados Patrimonio da Humanidade en 1986. Tamén é a sede da Universidade de Durham, unha das máis antigas e con máis sona do país.

Véxase tamén

Categoría:Vilas e cidades do Condado de Durham