Richard Preston Carlisle (27 de outubro de 1959, en Ogdensburg, estado de Nova York) é un ex xogador de baloncesto e actual adestrador de Dallas Mavericks da NBA.
Traxectoria Como xogador, gañou un anel en 1986 con Boston Celtics a pesar de que era un dos últimos xogadores na rotación dos de Massachusetts. Ademais, tamén xogaría nos Knicks e os Nets, en 1987 e 1988 respectivamente.
Debutou como adestrador no banco de Detroit Pistons, na tempada 2001-02. No seu debut, levou o premio ao Amellor adestrador do ano e colocou a uns Pistons que viñan de callar unhas tempadas cunha bagaxe moi escasa nas posicións máis altas da Conferencia Leste. Nas dúas campañas que pasou en Míchigan, conseguiu o mesmo balance, 50-32. No verán de 2003 ocupou a posición que deixara vacante Isiah Thomas ao aceptar o cargo de adestrador dos Pacers. Tras os playoffs de 2008, fichou como adestrador por Dallas Mavericks.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en nba.com Estatísticas da súa carreira como xogador Estatísticas da súa carreira como adestrador
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Adestradores dos Detroit Pistons Categoría:Adestradores dos Indiana Pacers Categoría:Adestradores dos Dallas Mavericks Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Nados en Nova York (estado)