The Archies constituíu un grupo musical ficticio desenvolvido a partir da serie de animación norteamericana The Archie Show, emitida a finais dos anos 60 do século XX e á súa vez baseada na serie de banda deseñada Archie Comics creada por John Goldwater e Bob Montana en 1941.

Características Inicialmente compuñan a banda os personaxes de Archie Andrews e Reggie Mantle na guitarra e Jughead Jones na batería, mais logo tamén a integraron Betty Copper na pandeireta e Veronica Lodge no teclado electrónico.

As cancións graváronas realmente músicos de estudio con Ron Dante como cantante principal, publicándose varios sinxelos e álbums entre 1968 e 1972, o grande éxito da banda foi o tema Sugar, Sugar que chegou ata o número un nas listas dos máis escoitados en varios países.

Álbums 1968: The Archies 1969: Everything's Archie 1969: Jingle Jangle 1970: Sunshine 1970: The Archies Greatest Hits 1971: This is Love 2008: The Archies Christmas Album

Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de pop