Charles Edward "Chuck" Share, nado o 14 de marzo de 1927 en Akron, Ohio, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante nove tempadas na NBA. Con 2,11 metros de altura xogaba na posición de pivote. Foi o primeiro xogador en ser elixido como número 1 do Draft da NBA da historia, xa coa liga unificada.
Traxectoria deportiva Universidade Xogou durante 4 tempadas cos Falcons da Universidade de Bowling Green, nas que fixo unha media de 14,2 puntos en 121 partidos disputados.Ficha de Share en TDR
Profesional Foi elixido no número 1 do Draft da NBA de 1950 por Boston Celtics, aínda que nunca chegou a xogar alí. Comezou a súa andaina profesional nos Fort Wayne Pistons, onde permaneceu durante dúas tempadas e media, sendo moi pouco utilizado. Mediada a tempada 1953-54 foi traspasado a Milwaukee Hawks, equipo no que contou con máis minutos e no que permaneceu case até o final da súa carreira, trasladándose con eles á cidade de St. Louis, onde gañou o seu único anel de campión en 1958. Na súa última tempada en activo, a 1959-60, xogou uns poucos partidos con Minneapolis Lakers. No total da súa carreira fixo unha media 8,3 puntos e 8,4 rebotes por partido.
Equipos Fort Wayne Pistons (1951-1953) Milwaukee Hawks (1954-1955) St. Louis Hawks (1955-1959) Minneapolis Lakers (1960)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en nba.com Estatísticas de Chuck Share
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Fort Wayne Pistons Categoría:Xogadores dos Milwaukee Hawks Categoría:Xogadores dos St. Louis Hawks Categoría:Xogadores dos Minneapolis Lakers Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Ohio