miniatura|Doña Francisquita, zarzuela composta polo catalán Amadeu Vives. A zarzuela é unha forma de música teatral xurdida en diversos territorios de España con partes instrumentais, partes vocais (sós, dúos, coros...) e partes faladas. Características O seu nome procede do Palacio da Zarzuela, nome do pavillón de caza próximo a Madrid onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois. A zarzuela cultivouse con moitos acertos ao trasladarse a Cuba, onde destacaron os compositores Gonzalo Roig e Ernesto Lecuona, e Rodrigo Prats, Eliseo Grenet e a Venezuela, con José Ángel Montero e Pedro Elías Gutiérrez. miniatura|O zoqueiro de Vilaboa, boceto de zarzuela gallega n'un acto e tres cuadros, de Alfredo Nan de Allariz. Zarzuela en Galiza Tamén en Galiza o xénero acadou certa relevancia con figuras como Gustavo Freire, compositor da zarzuela galega de posguerra Non chores, Sabeliña (1943)Edítase a zarzuela Non chores, Sabeliña Nova aparecida en Culturagalega.org o 16 de decembro de 2009 ou con Ramón Armada Teixeiro e a súa composición da primeira zarzuela en galego (estreada o 10 de abril de 1886), titulada ¡Non máis emigración!Armada Teixeiro: un dos grandes representantes do xornalismo galego na Cuba do XIX , en Culturagalega.org

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Gustavo Freire Ramón Armada Teixeiro

Ligazóns externas Zarzuela.net - Portal sobre Zarzuela