O Real Club de Polo é un dos clubs deportivos históricos da cidade de Barcelona e de toda España, destacando principalmente na práctica do polo, a hípica e o hóckey herba, masculino e feminino. Seccións Polo. Hípica. Hóckey Herba. Tenis. Pádel.

Historia O Real Club de Polo fundouse o 11 de maio 1897 para fomentar o xogo do polo e proporcionar aos afeccionados ao deporte hípico medios de distracción e recreo, ao mesmo tempo que desenvolver neles as súas calidades de destreza e solidez a cabalo. En 1907, o hóckey herba comezou a desenvolverse entre algúns socios, e en 1914 xa se constitúe definitivamente a sección no club, ao igual que o tenis. En 1992, con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona remodeláronse as súas instalacións para acoller as probas de Doma clásica e de Saltos de Obstáculos.

Palmarés Hóckey herba masculino 1 Copa de Europa: 2003-04. 10 Ligas españolas: 1959, 1970, 1977, 1978, 1980, 1981, 1982, 2002, 2003 e 2008. 25 Copa do Rei: 1916, 1917, 1922, 1924, 1925, 1929, 1941, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1964, 1970, 1974, 1976, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1989, 1996, 2003 e 2008. 28 Campionatos de Cataluña: 1918, 1920, 1921, 1922, 1923, 1924, 1925, 1929, 1932, 1934, 1935, 1936, 1954, 1955, 1957, 1958, 1960, 1962, 1972, 1974, 1975, 1977, 1978, 1979, 1981, 1983, 1984 e 2008.

Hóckey herba feminino 2 Ligas españolas: 2003 e 2006. 3 Copas da Raíña: 2003, 2004 e 2005. 19 Campionatos de Cataluña: 1963, 1967, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1978, 1980, 1990, 1993, 1994, 1995, 1996, 2003 e 2004.

Equipos filiais Diagonal HC. Pedralbes HC. CE Pedralbes 1991. Gran Reserva HC.

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do club

Categoría:Equipos de hóckey herba de España