Morrigu, tamén coñecida coma Morrigan, é a deusa celta da morte e da destrución. O seu nome semella significar "Grande Raíña" ou "Raíña das Pantasmas". Morrigu tamén pode traducirse ou aparecer escrito coma Carrie ou Carrigan.
Características Adoita representarse cunha coiraza e armas. Morrigu está presente en tódalas guerras, tomando a forma dun corvo. O seu papel na guerra é o de infundir nos guerreiros a forza (e a cólera) para lidar.
Morrigu é a deusa da guerra e, polo mesmo xeito, do pasamento. Porén, tamén representaaá renovación, a morte que dá luz a unha nova vida, o amor e o desexo sexual. A vida e o óbito ou pasamento, están moi unidas no mundo celta.
Morrigu é doncela, nai e anciá. Formaba unha trindade canda a Badb e Macha, aínda que nalgunhas fontes é descrita coma unha deusa tripla, canda Bodbh e Macha coma outras manifestacións de Morrigu.
Esta deusa pertence ós Tuatha Dé Danann, os seres máxicos que habitaron Irlanda antes cós irlandeses actuais.
Véxase tamén
Mitoloxía celta Mitoloxía irlandesa Hugin e Munin
Categoría:Deusas celtas Categoría:Deusas irlandesas Categoría:Deusas da guerra Categoría:Tuatha Dé Danann Categoría:Ciclo mitolóxico