O estadio do Couto é un estadio de fútbol situado no barrio homónimo da cidade de Ourense. As medidas do terreo de xogo son 105x68 metros, e as bancadas cubertas teñen capacidade para 5659 persoas (2231 na bancada lateral de preferencia, 1811 na bancada lateral de tribuna e 1617 na bancada de fondo). O outro fondo non ten bancadas. O recinto, propiedade da Xunta de Galicia, foi o fogar do CD Ourense durante décadas até a súa desaparición en 2014, e dende entón acolle os encontros do Ourense CF e do UD Ourense.
Historia
O estadio do Couto inaugurouse o 29 de agosto de 1948 cun encontro amigable que enfroutou á UD Ourensana e ao Racing de Ferrol, que rematou con resultado de 3-1. Durante o franquismo levou o nome de José Antonio. O estadio sufriu distintas remodelacións, a última en 1998.
O 18 de novembro de 1981 acolleu un encontro entre a selección de fútbol sub-21 de España e a dos Países Baixos, clasificatoria para a Eurocopa sub-21 de 1982 (2-1), e o 15 de outubro de 2002 acolleu un amigable entre a selección española sub-21 e a de Eslovenia (3-0).
O estadio tamén foi utilizado pola Escudería Ourense para uso como parque pechado durante a edición de 1978 do Rally de Ourense.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CD Ourense
Ligazóns externas O estadio no sitio web do CD Ourense
Couto Categoría:CD Ourense Categoría:Deporte en Ourense