miniatura|Homofonía en "If ye love me", canción de Thomas Tallis composta en 1549. As voces móvense simultaneamente empregando o mesmo ritmo, e a relación harmónica entre elas crea acordes: este anaco comeza co acorde de Fa maior
Na música, Homofonía (do grego, "homófonos", onde ομοιο = o mesmo e φωνή = sons) é unha textura musical onde dúas ou máis partes musicais móvense simultaneamente dende o punto de vista harmónico, e cuxa relación forma acordes.
Características A homofonía contraponse á polifonía posto que nesta as partes teñen independencia rítmica e melódica e onde non hai predominancia de ningunha parte. Na homofonía, en cambio, as partes acompañantes só dan un soporte harmónico á melodía, usualmente situada na voz superior. Na homofonía homorrítmica soa unha melodía que é acompañada por acordes.
Inicialmente, na Grecia Antiga, a homofonía indicaba aquela música na que a melodía era executada por dúas ou máis voces ao unísono ou en oitavas, é dicir, monofonía con varias voces.
A homofonía como termo apareceu por primeira vez en inglés con Charles Burney en 1776, salientando a concordia na melodía harmonizada.Que é monofonía, polifonía, homofonía, monodia etc.?
Historia Homofonía na música occidental Mentres que a homofonía pode ser escoitada en practicamente todas as tradicións musicais europeas, os primeiros exemplos rexistrados en notación musical, apareceron durante o período medieval en música de danzas, como a EstampieWikibooks:IB Music/Music History/Medieval Period Con todo, debido a que os manuscritos eran custosos, hai pouco material homofónico do medioevo, a maioría da música escrita sendo monofónica. Houbo un rexistro semellante da homofonía no Renacemento.Wikibooks:IB Music/Music History/Renaissance Period
A homofonía apareceu como unha das texturas predominantes na música clásica no período barroco a comezos do século XVII, cando os compositores tomaban maiormente en conta a harmonía vertical para as súas creacións, o homofónico basso continuo converteuse nunha especialidade da época.Hyer, Brian. "Homophony", Grove Music Online ed. L. Macy Os arranxos corais para catro voces, soprano, alto, tenor e baixo foi dende entón moi común na música clásica do occidente. As primeiras aparicións da homofonía déronse na música sacra, substituíndo a polifonía e a monofonía como forma dominante, ademais de espallarse á música secular, onde permanece presente até os nosos días.
Na música clásica do século XX "algunhas das figuras de acompañamento baseadas nas tríades, como o baixo de Alberti [unha forma homofónica de acompañamento] desapareceu completamente do escenario composicional" e en vez apareceu unha clara distinción entre os materiais da melodía e a harmonía, comunmente evitando a duplicación. Con todo, algúns dispositivos tradicionais, como os acordes repetidos, séguense usando.DeLone et al. (eds.) (1975). Aspects of Twentieth-Century Music. Englewood Cliffs, New Xersei: Prentice-Hall. ISBN 0-13-049346-5. p.111 and 113
O Jazz e outras formas de música popular moderna son xeralmente homofónicas, seguindo progresións harmónicas sobre as cales tocan unha melodía ou sinxelamente improvisan.
Homofonía na música non occidental Aínda que a homofonía é máis familiar para occidente que para outras culturas musicais, apareceu de calquera xeito en varias delas."Elements of Music - Part Six," Music in Our World (accessed October 11, 2006).Online
Cando o explorador Vasco da Gama desembarcou na África do oeste en 1497, mencionou que a música que escoito era: "doce harmonía".Annan Mensah, Atta. "The Polyphony of Gyil-gu, Kudzo and Awutu Sakumo," Journal of the International Folk Music Council, Vol. 19. (1967), pp. 75-79. Online Aínda que dita música puido ser polifónica, xa que o concepto de harmonía como o entendían nesa época non é necesariamente o mesmo que o concepto de homofonía comprendido polos teóricos actuais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Tema If ye love me, de Thomas Tallis
Categoría:Teoría musical
fr:Homophonie#Musique