Bailaré sobre tu tumba é o cuarto álbum da banda viguesa de punk rock Siniestro Total, editado no ano 1985 a través do selo DRO. No ano 2002 relanzouse unha edición remasterizada do álbum con catro cancións extra. Trátase do primeiro disco do grupo gravado tras a entrada do guitarrista Javier Soto, que tamén se encargou de gravar os teclados.

Os oito primeiros temas do disco foron gravados en 1985 nos estudios Trak de Madrid baixo a produción de Paco Trinidad. Os restantes temas da edición orixinal graváronse en concertos celebrados en Alcázar de San Juan, Santiago de Compostela, Vigo e Valladolid ese mesmo ano. Tres das catro cancións extra da edición do 2002 proceden das sesións de estudio de Trak, e a derradeira, "We are the world", gravouse no Parque de Castrelos no verán de 1985http://siniestro.com/historia/disco/bailare-sobre-tu-tumba-1.

Lista de cancións

Cancións extra da reedición do 2002 "No me lavo en la vida" - 2:36 (Cara B do sinxelo "Bailaré sobre tu tumba") "Cada día somos más" - 1:59 (Cara B do sinxelo "¿Qué tal, homosexual?") "No me mates con tomate" - 1:24 (Cara B do sinxelo "Al final") "We are the world" - 3:37 (Gravada ao vivo no Parque de Castrelos)

Notas

Categoría:Álbums de Siniestro Total Categoría:Álbums musicais de 1985 Categoría:Álbums de DRO