Xanadu (a miúdo chamada "Xanadu Regio", aínda que non é o seu nome oficial) é unha grande área brillante no hemisferio de vangarda da lúa de Saturno,Titán. Este vasto accidente xeolóxico ten un diámetro do redor de 3.400 km e unha extensión semellante á de Australia. O seu nome provén do lendario palacio descrito no poema Kubla Khan de Samuel Taylor Coleridge.

Xanadu foi descuberto polo Telescopio Hubble no ano 1994 coma unha rechamante mancha brillante vista a través do infravermello. Cando o radar da Cassini volveu a captar imaxes de Xanadu o 30 de abril do 2006, atopouse cunha superficie modificada polos ventos, choivas e ríos; algúns destes sistemas fluviais moi posiblemente van morrer nos bancos de dunas que existen nas zonas ecuatoriais próximas a Xanadu , xa que Xanadu esta máis elevado cás zonas limítrofes. Moi posiblemente serían estes ríos os que achegarían parte do material do que están formadas esas dunas, ó arrastrar grans de area e depositalos nas dunas. En Titán, onde existen unhas temperaturas moi baixas, as choivas, ríos e canles non son de auga senón que están feitos de hidrocarburos, moi posiblemente metano ou etano.

esquerda|400px|miniatura|Mapa cos nomes dos principais accidentes xeolóxicos de Titán. En imaxes tomadas o 28 de maio do 2008, durante un dos sobrevoos da Cassini puidéronse atopar canles tan anchas coma o Támese na súa desembocadura (entre 3-5 kms) e poden ter varios centos de metros de profundidade. Tamén se atoparon cráteres de impacto parcialmente degradados en imaxes obtidas pola Cassini o 30 de abril do 2008, un destes cráteres ten incluso un pico central, indicando unha interacción do impacto coa codia de Titán distinta en comparación có cráter Sinlap, de tamaño semellante ó atopado nas imaxes obtidas pola Cassini na data xa sinalada.

Xanadu é estudado con intensidade debido ás numerosas virgae (sobre todo as que están preto da fronteira con Shangri-La) e varias regiones que existen dentro deste extenso accidente xeolóxico, así coma pola existencia de cráteres no interior desta rexión, a parte de ser fronteiriza con grandes rexións, Shangri-La no oeste e Fensal ó leste.

Notas

Map of Titan with Xanadu and Huygens landing site visible from the Cassini-Huygens mission homepage

Véxase tamén

Outros artigos

Titán Shangri-La Tui Regio Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán

Ligazóns externas Patch of Saturn's Moon Resembles Earth Cassini finds land on Titan Lucy Sherriff (The Register), 20 de xullo de 2006 13:36 GMT

Categoría:Titán