miniatura|dereita|Hórreo bergantiñán. O hórreo bergantiñán é un tipo de hórreo galego que se dá nalgunhas partes da comarca de Bergantiños. A súa área de distribución é moi reducida e nela convive con outras tipoloxías propias de áreas limítrofes.

Características

Morfoloxía É un hórreo rectangular que chama a atención por ser o tipo máis ancho de entre os hórreos de madeira. A suspensión está formada por fortes cepas transversais de cachotería coroadas por rateiras. As cepas en reducidas ocasións vense substituídas por un celeiro. A cámara é continua exteriormente, salvo nos hórreos máis longos, nos que os costais están divididos en tramos.

O tellado é a dúas augas e ten un beiril pouco asomado. Normalmente non leva elementos terminais. A porta da cámara vai nun dos penais, pola pouca altura da suspensión non ten escaleira de fábrica e, cando a hai, non alcanza o nivel da cámara.

Construción A cámara está soportada por unha grade de madeira constituída por fortes trabes que descansan sobre os tornarratos. Os panos de peche están formados por doelas verticais de madeira. Sobre a cámara, o tellado é de tella cerámica curva sobre taboado de madeira.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hórreo Hórreo galego Clasificación tipolóxica do hórreo galego