Super Mario Bros. (en xaponés, スーパーマリオブラザーズ; Sūpā Mario Burazāzu) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola.
Super Mario Bros. é citado con frecuencia como un dos mellores videoxogos e é especialmente admirado polos seus controis precisos. É un dos xogos máis vendidos, con máis de 58 millóns de copias adquiridas en todo o mundo. Xunto coa NES, atribúeselle ser un factor clave na reactivación da industria tras a crise de 1983 e contribuíu a popularizar o xénero de plataformas de desprazamento lateral. A banda sonora adoita figurar entre as mellores. Mario adquiriu gran relevancia na cultura popular (converténdose a súa figura na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional), e Super Mario Bros. deu inicio a unha franquía multimedia que inclúe unha lonxeva serie de títulos, unha serie de televisión animada, unha longametraxe de anime xaponés, unha cinta de acción real e outra de animación.
Trama A acción ten lugar despois dos acontecementos de Mario Bros. Os irmáns Mario e Luigi son transportados a través dunha tubaxe dende Nova York ao fabuloso Reino Champiñón. É invadido pola tribo dos Koopa Troopa, unhas criaturas parecidas a tartarugas que, grazas aos poderes máxicos do seu líder, Bowser, converten aos habitantes en obxectos inanimados: ladrillos, pedras e árbores. O vilán e os seus subordinados secuestran á Princesa Toadstool, a gobernante e única capaz de reverter o feitizo. Ao decatarse disto, os irmáns proponse salvar o reino e á princesa. Polo camiño derrotan ás tropas e, após cada batalla co xefe, escoitan a Toad dicir: «Grazas, Mario! Pero a nosa princesa está noutro castelo!». Após chegar até o verdadeiro Bowser e derrotalo, os irmáns ceiban á princesa e salvan o Reino Champiñón.Super Mario Bros. Nintendo. Nivel/área: World 8-4. 13 de setembro de 1985.
Notas
Categoría:Videoxogos de plataformas Categoría:Nintendo Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos producidos por Shigeru Miyamoto Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS