miniatura|300px|O palacio de San Telmo, sede da Presidencia da Xunta de Andalucía. A Xunta de Andalucía (en castelán: Junta de Andalucía) é a institución na que se organiza o goberno da Comunidade Autónoma de Andalucía. Está integrada polo Parlamento de Andalucía, a Presidencia da Xunta de Andalucía e polo Consello de Goberno da Xunta de Andalucía.
Os presupostos do ano 2010 ascenderon a 33.737.7 millóns de eurosWeb da Xunta de Andalucía, presupostos de 2010, os primeiros nos que se reduce o seu montante respecto do ano anterior e posúe máis de 200.000 empregados directos.
No 2014, a Presidenta da Xunta de Andalucía é Susana Díaz Pacheco, pertencente ao Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A). Na Xunta goberna o PSOE desde a creación da primeira Xunta preautonómica o 27 de maio de 1978, cando Plácido Fernández Viagas chegou a presidencia en detrimento de Jaime García Añoveros, de UCD. A presenza do PSOE na presidencia é polo tanto anterior á autonomía de Andalucía e esténdese ao longo de 32 anos e 6 presidencias distintas.
Símbolo Símbolo xenérico da Xunta de AndalucíaO símbolo xenérico é unha síntese do escudo, con atributos de modernidade e dinamismo. Contén de xeito sintético os elementos que definen o escudo de Andalucía:
A Bandeira en forma de arco de medio punto, expándese converténdose en ondas que se proxectan cara o exterior. Hércules concéntrase nun triángulo, figura estética, que como un compás apunta ao norte.
Con esta simboloxía represéntase a nova Andalucía de progreso, en movemento e en comunicación directa cos cidadáns, estando tamén presente nos Organismos, Entidades e Empresas Públicas que xestiona ou nos que participa, así como no patrimonio que mantén, facendo patente a súa acción de goberno.Junta de Andalucía - Consejeríade la Presidencia - Manual de identidad Corporativa
Institucións Parlamento miniatura|200px|Edificio do Hospital de las Cinco Llagas, sede do Parlamento de Andalucía.
O Parlamento de Andalucía é a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Xunta de Andalucía. Está composto por deputados elixidos mediante sufraxio universal directo, os cales representan ao pobo andaluz.«El Parlamento de Andalucía representa al pueblo andaluz», Estatuto de Autonomía de Andalucía, 2007, Título IV, Capítulo I, artículo 100. Fuente: Xunta de Andalucía . O Parlamento de Andalucía constituíuse por primeira vez no 1982, tras a aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981. A actual sede está no antigo Hospital de las Cinco Llagas en Sevilla.
Presidente O Presidente da Xunta de Andalucía é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma. A súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno do Parlamento de Andalucía e o seu nomeamento correspóndelle ó rei.
Consello de Goberno O Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desenvolvemento da función executiva e administrativa da Xunta de Andalucía. Está composto polo Presidente da Xunta de Andalucía, quen o preside, e polos Consejeros nomeados por el para facerse cargo das diversas Consejerías.
Reúnense habitualmente os martes de todas as semanas.http://www.juntadeandalucia.es/SP/JDA/CDA/Secciones/Consejo_de_Gobierno/JDA-CDA_Eleccion_Consejo/0,20323,2008,00
Consejerías Na lexislatura actual (2012-2016) a Xunta de Andalucía está composta polas seguintes 11 consellerías, ordenadas por prelación:
O primeiro Consello de Goberno formouse o 7 de maio de 2012 trala constitución do Parlamento e a sesión de investidura do novo presidente, José Antonio Griñán, tralas eleccións do 25 de marzo de 2012. O presidente nomeou a 11 conselleiros e un vicepresidente. Posteriormente, o 27 de agosto de 2013 produciuse a dimisión do presidente, celebrándose unha sesión de investidura os días 4 e 5 de setembro onde o Parlamento outorgou a confianza a Susana Díaz a cal formou novo goberno o 9 de setembro de 2013.
20px|Bandeira de Andalucía Composición do Consello de Goberno da Xunta de Andalucía - IX Lexislatura 20pxConselleríaConselleiroCompetenciasPresidenta da Xunta de Andalucía |Susana Díaz PachecoRepresentación máxima da Comunidade Autónoma. Elección dos Conselleiros. Dirección e coordinación o Consello de Goberno. Coordinación as Administracións Públicas.Estatuto de autonomía para Andalucía, artículo 117.Vicepresidencia da Xunta de Andalucía e Consellería de Administración Local e Relacións institucionaisDiego Valderas SosaRelacións co Goberno central, Deputacións provinciais, Mancomunidades e concellos. Consumo, Dereitos da cidadanía, Participación, Voluntariado, Memoria histórica.Consellería da PresidenciaManuel Jiménez BarriosAsistencia política, técnica e xurídica do Presidente e do Goberno, protocolo, xestión económica da Presidencia, comunicación, BOJAFuente: Consejería de la Presidencia.Consellería de Facenda e Administración PúblicaMaría Jesús Montero CuadradoPolítica económica e financeira, programación, seguimiento, avaliación, coordinación e verificación das actuacións de contido económico e financeiro, entre estas os Presupostos da XuntaFuente: Consejería de Economía y Hacienda.Consellería de Economía, Innovación, Ciencia e EmpregoJosé Sánchez MaldonadoEducación superior, investigación científica e innovación tecnolóxica, axuda ás empresas para I D, sociedade da información, industria, enerxía, minas, cooperativas, incentivos rexionais e tecnolóxicos Fuente: Ver explicación y resumen de los Incentivos Regionales., cooperación económica y desarrollo de mercados. Relaciones laborales, seguridad y sanidad en el trabajo, tutela del Servicio Andaluz de Empleo, políticas de autoempleo, red de UTEDLT (desarrollo local y tecnológico en áreas ruralesFuente: Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa.Consellería de Igualdade, Saúde e Políticas SociaisMaría José Sánchez RubioSanidade e hixiene pública, hospitais e consumo. Familia, terceira idade, discapacitados, integración social, prestacións no contributivas e asistencia socialFuente: Consejería de Salud.Consellería de Educación, Cultura e DeporteLuciano Alonso AlonsoEducación infantil, primaria e secundaria, formación profesional. Arte e cultura, patrimonio histórico - bibliográfico - sonoro - imaxe, museos. Promoción do deporteFuente: Consejería de Cultura.Consellería de Xustiza e InteriorEmilio de Llera Suárez BárcenaCoordinación da acción do Consello en materia de seguridade e servizos de emerzencias, eleccións e consultas, espectáculos e actividades recreativas, voluntariado, drogodependencias, protección de animaisFuente: Consejería de Gobernación .Consellería de Fomento e VivendaElena Cortés JiménezObras públicas, infraestruturas e organización do transporte por estrada, ferroviario, marítimo e aéreoFuente: Consejería de Obras Públicas y Transportes.Consellería de Agricultura, Pesca e Desenvolvemento RuralElena Víboras JiménezAgricultura, gandaría, agroalimentación, desenvolvemento rural e pesca, acuicultura e investigación agropecuaria.Fuente: Consejería de Agricultura y Pesca.Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do TerritorioMaría Jesús Serrano JiménezProtección do medio ambiente, auga, espazos naturais, vías pecuarias, montes públicos, cotos de caza e control cinexético.Fuente: Consejería de Educación .Consellería de Turismo e ComercioRafael Rodríguez BermúdezPlanificación, promoción e desenvolvemento do turismo, comercio, artesanía.Fuente: Consejería de Turismo, Comercio y Deporte.Fonte: Xunta de Andalucía
Defensor do Pobo Andaluz O Defensor do Pobo Andaluz é unha institución cuxa misión principal é a protección e defensa en Andalucía dos Dereitos e Liberdades establecidos no primeiro título da Constitución española. Para isto ten a potestade de inspeccionar aos concellos, ás deputacións provinciais así coma á Xunta de Andalucía. O Defensor do Pobo Andaluz é elixido polo Parlamento de Andalucía para desenvolver as súas funcións durante cinco anos, período tras o que pode renovado.
Consello Consultivo O Consello Consultivo de Andalucía é o órgano superior consultivo do Consello de Goberno e da Administración da Xunta de Andalucía, incluídos os seus organismos. Así mesmo, é o órgano supremo de asesoramento das entidades locais e dos organismos e entes de dereito público das dependentes, así coma das universidades públicas andaluzas.Art. 129 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
Consello Audiovisual de Andalucía O Consello Audiovisual é a autoridade audiovisual independente encargada de velar polo respecto dos dereitos, liberades e valores constitucionais e estatutarios nos medios audiovisuais, tanto públicos coma privados dentro de Andalucía, así coma do cumprimento da normativa vixente en materia audiovisual e de publicidade.Art. 131 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
Presidentes da Xunta 20px|Bandeira de Andalucía Lista de Presidentes da Xunta de Andalucía desde 1978 20pxPeríodoPresidenteObservaciónsNomePartidoXunta PreautonómicaPeríodo preautonómico: Antes da adopción do Estatuto de Autonomía en outubro de 1981.1978-1979Plácido Fernández ViagasPSOEDimite o 2 de xuño de 19791979-1982Rafael Escuredo RodríguezPSOEI Lexislatura1982-1984Rafael Escuredo RodríguezPSOEDimite o 17 de febreiro de 19841984-1986José Rodríguez de la BorbollaPSOEII Lexislatura1986-1990José Rodríguez de la BorbollaPSOEIII Lexislatura1990-1994Manuel Chaves GonzálezPSOEIV Lexislatura1994-1996Manuel Chaves GonzálezPSOEV Lexislatura1996-2000Manuel Chaves GonzálezPSOEVI Lexislatura2000-2004Manuel Chaves GonzálezPSOEVII Lexislatura2004-2008Manuel Chaves GonzálezPSOEVIII Lexislatura2008-2009Manuel Chaves GonzálezPSOEDimite o 7 de abril de 20092009Gaspar Carlos Zarrías ArévaloPSOEEn funcións2009-2012José Antonio Griñán MartínezPSOEIX Lexislatura2012-2013José Antonio Griñán MartínezPSOEDimite o 27 de agosto de 20132013-2015Susana Díaz PachecoPSOEX Lexislatura2015-2019Susana Díaz PachecoPSOEXI Lexislatura2019-Juan Manuel MorenoPPFonte: Xunta de Andalucía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Andalucía
Ligazóns externas Páxina oficial da Xunta de Andalucía
Categoría:Xunta de Andalucía