A pirofilita é un mineral do grupo VIII (silicatos) segundo a clasificación de Strunz. É un silicato de alúmina hidratado, cuxa fórmula é Al2Si4O10(OH)2 e a súa composición teórica é 66,7 % SiO2, 28,3 % Al2O3 e 5 % H2O. Normalmente está mesturado con caolinita, alunita e cuarzo.
Acostuma aparecer en forma de láminas ou en agregados foliáceos ou radiados debido á súa estrutura e fractura micáceas, o que ademais a fai suave e untuosa ao tacto.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas Sitio sobre mineraloxía da Universidade a Distancia Española Datos sobre localización de pirofilita Sitio web con datos de pirofilita Galería de minerais con información de pirofilita Galería de imaxes de pirofilita en Internet:
Categoría:Minerais