A cummingtonita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos monoclínicos.Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21. É un silicato de ferro e magnesio, con aspecto de agregados bacilares cor castaña. É polimorfo da antofilita, coa súa mesma composición química pero distinto sistema cristalino.

Propiamente, cummingtonita é o termo intermedio dunha serie de solución sólida con cantidades de ferro e magnesio substituíbles entre si, de forma que toda a serie denomínase con este nome. Nun extremo da serie estará a magnesiocummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2) e no outro extremo a grunerita (Fe7Si8O22(OH)2).

O nome procede da cidade de Cummington, en Massachusetts (EUA), onde foi descrito en 1824. Sinónimos pouco usados son antolita e kievita.

Ambiente de formación Aparece en rochas metamórficas, tanto metamorfismo de contacto como rexional, de facies de xistos verdes ou ecloxitas xistos azuis. Tamén se pode encontrar como mineral primario nalgunhas dioritas, gabros e noritas.

Minerais asociados á cummningtonita en todas estas rochas son hornblenda, antofilita, actinolita, tremolita, arfvedsonita, glaucofana, cuarzo e granate.

Localización, extracción e uso Depósitos importantes deste mineral atópanse en Massachusetts, Dakota e Wisconsin (EEUU), en Labrador (Canadá), Xapón, Escocia, Finlandia, Noruega e Suecia. En España encóntranse en Miranda (Asturias), Níjar (Almería) e Ojén (Málaga).

A cummingtonita non ten uso comercial, só interese científico e coleccionístico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Klein, Cornelius., 2002, The Manual of Mineral Science, 22nd ed., John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25177-1

Outros artigos Lista de minerais

Ligazóns externas Datos sobre localización da cummingtonita Sitio web con datos da cummingtonita Galería de minerais con información da cummingtonita Mineral Data Publishing, 2001 PDF Galería de imaxes da cummingtonita en Internet:

Categoría:Minerais