O Helios Suns, antes coñecido como Košarkarski Klub Helios Domžale, é un club de baloncesto profesional da cidade de Domžale, Eslovenia. O Club foi fundado en 1949 e actualmente compite na 1. SKL, a máxima categoría do baloncesto esloveno. O club gañou a liga eslovena na tempada 2006-07, cando venceron na final ao Union Olimpija de Ljubljana. Disputa os seus partidos como local no Hala komunalnega centra, pavillón con capacidade para 2.500 espectadores.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Eslovenia