Bolama é unha cidade de Guinea-Bissau, conta cunha poboación estimada en 2010 de 3559 habitantes, é a capital da rexión homónima e localízase na illa de igual nome, foi a capital da antiga Guinea Portuguesa ata 1941 e é unha cidade de Guinea-Bissau.

Xeografía

É unha illa do arquipélago dos bijagós, nomeado pola etnia homónima.

A illa, xunto con todo o arquipélago e a rexión, está clasificada como Reserva da biosfera pola UNESCO desde 1996.

Historia

Antigo territorio disputado entre o Reino Unido e Portugal, en 1870 unha comisión internacional presidida polo presidente estadounisense Ulysses S. Grant deulle o territorio a Portugal. En 1871 estableceron un asentamento que se converteu na capital da Guinea Portuguesa en 1879; porén, a penuria de auga doce levou ao traslado da capital cara a Bisau.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Alianza anglo-lusa África Occidental Portuguesa Cabo Verde Colonialismo Escravitude Guinea Bissau Mapa cor-de-rosa PALOP Reino de Portugal Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

Categoría:Cidades de Guinea-Bissau

en:Bolama fr:Bolama ja:ボラマ la:Bolama nl:Bolama pl:Bolama pt:Bolama (cidade)