Para outros artigos con títulos relacionados, véxase Peso e Peso monetario. miniatura|Peso columnario español de 8 reais de 1759 da casa de moeda de México Peso é, inicialmente, a denominación da moeda española de 8 reais de prata, cun peso de entre 27 e 27,5 gramos e 40 milímetros de diámetro, cuñada desde pouco despois da Descuberta de América ata ben entrado o século XIX, así como doutras moedas de valores e métrica semellantes, emitidas tanto en España como nas súas colonias e noutros estados, moi especialmente as equivalentes españolas de 20 reais de billón, 2 escudos e de 5 pesetas, esta última en circulación ata a entrada do euro.Definición de “peso” no DRAG e no Portal das Palabras.“Peso”. En Frey, Albert. A dictionary of numismatic names. their official and popular designations. The American Numismatic Society. Nova York, 1917. Páxina 176 (en inglés)“Moedas para non saír de pobres. 1: peso”. En Portaldaspalabras.gal. 30 de xullo de 2014"The Spanish Peso". En Kampmann, U. (2010). Páxinas 42-46. miniatura|Peso español de 20 reais de 1854 a nome de Isabel II Noutras tradicións culturais, estas moedas denomínanse spanish dollar (no mundo anglosaxón), piastre espagnole (no mundo francófono), dollaro spagnolo (no ámbito italiano), spaanse mat (nos Países Baixos) etc.
En España miniatura|Reverso dun peso de Porto Rico de 1895 co valor facial de “1 peso = 5 pesetas A moeda de 8 reais recibiu en España, á parte do nome de real de a ocho (“real de oito”, polo seu valor), os de “peso”, nun sentido ponderal, por equivaler a un peso de ouro predeterminado, peso fuerte (“peso forte”) ou “peso duro”, cunha adxectivación que indicaba o cumprimento folgado tanto do peso como da lei establecida da aliaxe, ou simplemente “duro”, como forma reducida da anterior.“Peso”. En Online Etymology Dictionary (en inglés)Vilaplana Persiva, Manuel. “Origen de los nombres real de a ocho, peso, duro”. En Historia del real de a ocho. Universidade de Murcia, 1997. Páxina 65 [ISBN 84-7684-876-5] (en castelán) A partir desta situación, a forma que se impuxo no uso en castelán peninsular foi a de “duro”, mentres que nas colonias de América se preferiu “peso”, do mesmo xeito que en Galicia, onde a forma que acabou por estenderse en lingua galega foi “peso”.Resultado da procura “peso” no Dicionario de Dicionarios.Refráns como “Onde canta o crego e ornea o burro, alí nunca falta un peso duro” son testemuño de que non só no castelán, senón tamén no galego, se deu esta alternancia entre “peso”. “duro” e “peso duro”, aínda que finalmente foi “peso” a forma que acabou por imporse na nosa lingua.
Esta peza de 8 reais acabou por converterse durante séculos en moeda de uso internacional, dado o seu prestixio, ata o punto de ser a base sobre a que se crearon outras, fundamentalmente as das repúblicas instituídas na América Hispana e nas illas Filipinas logo da súa independencia, pero tamén doutras tan importantes como o dólar estadounidense, o dólar canadense, o ien xaponés ou o iuan chinés, todas elas cun peso e unha lei similares, nas súas orixes, ao peso español.“Dollar”. En Online Etymology Dictionary (en inglés) miniatura|esquerda|Peso español de 5 pesetas 1993, conmemorativo do Xacobeo ‘93 miniatura|Primeiro peso español a nome de Xoán Carlos I (1975) En España, os pesos de 8 reais, que comezaran a labrarse a finais do século XVI, deixaron de cuñarse no século XIX ao acabar o reinado de Fernando VII, e durante ese século víronse substituídas por moedas de igual métrica e composición pero con valores faciais de 20 reais de billón, inicialmente, e logo 2 escudos e 5 pesetas.
Aínda que a palabra “peso” se refira a todas estas moedas, a supervivencia da de 5 pesetas, xa en aliaxes e en tamaños moi diferentes aos orixinais, ata 1998, cando a peseta se ve substituída polo euro, fixo que a denominación de peso se asocie hoxe máis comunmente a este valor.Herrera, Adolfo. El duro. Estudio de los reales de a ocho españoles y de las monedas de igual o aproximado valor labradas en los dominios de la corona de España. Real Academia de la Historia. Madrid, 1914 (en castelán)
En América miniatura|Peso arxentino de 1881, tamén coñecido como patacón Logo da secular denominación de “peso” nas colonias españolas de América e en Filipinas para o real de oito, que se cuñaba moi abundantemente nas súas casas de moeda (Lima, México, Santiago, Potosí etc.), dada a abundancia deste metal, á medida que foron acadando a súa independencia, ao longo do século XIX, a maioría destes novos países mantivo a denominación para as súas respectivas moedas nacionais, con idéntica métrica pero introducindo xa o sistema decimal, que aínda se descoñecía na metrópole.Torres, Julio. “La implantación de la moneda en América”. En Revista de Filología Románica, 11-12. Universidade Complutense de Madrid, 1994-1995. Páxinas 115-130 (en castelán)Gill Aguinaga, Juan Bautista. “La moneda hispanoamericana. Sistema monetario”. Separata da Revista Nacional de Cultura. Año 1. Nº1. Asunción. miniatura|Peso mexicano de prata de 1869 Algúns deses países cambiaron, co tempo, a súa denominación, aínda que mantiñan inicialmente a métrica do peso español; noutros estados, porén, o peso segue a ser hoxe a denominación da moeda nacional.“Peso”. En Encyclopaedia Britannica (en inglés)Burzio, Humberto. Diccionario de la moneda hispanoamericana. Fondo Histórico y Bibliográfico José Toribio Medina. Santiago de Chile, 1958 (en castelán)
Estados que usaron o peso noutra época EstadoMoeda Vixencia do peso Moeda sucesora BoliviaPeso boliviano1963-1988 Boliviano Costa RicaPeso costarriqueño1821-1896 Colón EcuadorPeso ecuatoriano1822-1884 Sucre GuatemalaPeso guatemalteco 1821-1925 QuetzalGuinea-BissauPeso de Guinea-Bissau 1975-1997 Franco CFA HondurasPeso hondureño1862-1931 Lempira NicaraguaPeso nicaraguano1878-1912 Córdoba ParaguaiPeso paraguaio1856-1944 Guaraní O SalvadorPeso salvadoreño1841-1892 Colón VenezuelaPeso venezolano1821-1871 Bolívar miniatura|Moedas chilenas de 1 e de 5 pesos miniatura|Peso filipino de 1907 emitido durante a administración norteamericana do arquipélago
Estados que empregan o peso Estado Moeda Código ISO 4217 Arxentina Peso arxentino ARS Chile Peso chileno CLP Colombia Peso colombiano COP Cuba Peso cubano CUP República Dominicana Peso dominicano DOP México Peso mexicano MXN Filipinas Peso filipino PHP Uruguai Peso uruguaio UYU
O peso no refraneiro galego A palabra peso como unidade de conta callou moi fondo na cultura popular de Galicia. Aínda hoxe, coa peseta desaparecida como unidade monetaria en favor do euro, é frecuente escoitar esta denominación para as moedas de cinco pesetas e para determinadas cantidades usuais, como “cinco pesos” (25 pesetas), “vinte pesos” (100 pesetas), 1.000 pesos (5.000 pesetas) etc.
Entre os moitos casos do refraneiro galego en que aparece o peso recóllense aquí os seguintes:Pita Fernández, Ricardo Luís. “A moeda e o diñeiro no refraneiro: peso”. En Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela, 1999 [ISBN 84-605-9958-2] Máis vale peseta na man que peso na faldriqueira. Non che hai maior amigo que un peso na faldriqueira. O mellor amigo, un peso. miniatura|Billete español dun peso de 1954Os pesos de agora non valen nada; antes arrolaban e agora voan (en alusión á aparición dos billetes de 5 pesetas). Onde canta o crego e ornea o burro, alí nunca falta un peso duro. Un día é un día e un peso gástase. Un peso na casa non pare outro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Peso Independente Peso Constituínte Peso Coquimbo Peso das Illas Malvinas Real de oito Patacón Ducatón Peseta Lista das moedas de peseta de España
Bibliografía Gil Farrés, Octavio. Historia de la moneda española. Madrid, 1959 (en castelán) Herrera y Chiesanova, H. (1914). El duro: estudio de los reales de á ocho españoles y de las monedas de igual ó aproximado valor labradas en los dominios de la Corona de España. Tomo I / Tomo II . Real Academia de la Historia, Madrid. Kampmann, U. (2010). Drachm, Dirham, Thaler, Pound. Money and currencies in history from earliest times to the euro. Money Museum. Zürich.
Categoría:Peso (moeda) Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Economía de Colombia Categoría:Economía de Cuba Categoría:Economía da República Dominicana Categoría:Economía de México Categoría:Economía de Filipinas