Nicolai é un cráter lunar que se sitúa no hemisferio sur da Lúa, nunha rexión relativamente pouco afectada por impactos significativos. Os cráteres máis próximos son Spallanzani no sur, e os moito máis grandes Maurolycus e Barocius no leste. Ocupa 42 quilómetros de diámetro e chega a unha profundidade de 1.8. O cráter é do período Nectárico, que vai entre 3.920 e 3.850 millóns de anos no pasado.
Leva o nome do astrónomo alemán Friedrich Bernhard Gottfried Nicolai.
Cráteres satélites
A súa parede externa está erosionada e conta número de pequenos cráteres satélites no seu bordo, por convención denomínanse nos mapas lunares cunha letra seguida do nome do cráter central.
Nicolai LatitudeLonxitudeDiámetroA42.4° S23.6° E13 kmB43.2° S25.3° E13 kmC44.0° S29.0° E25 kmD41.7° S25.5° E6 kmE40.6° S25.3° E13 kmG42.8° S22.4° E11 kmH43.5° S26.8° E17 kmJ40.5° S22.0° E8 kmK42.9° S28.2° E25 kmL44.1° S25.6° E13 kmM42.4° S29.0° E11 kmP43.1° S29.7° E30 kmQ42.3° S30.1° E26 kmR41.5° S25.9° E6 kmZ40.9° S21.5° E24 km
Categoría:Cráteres da Lúa