300px|miniatura Lipdub ou lip dub (do inglés "dobraxe de beizos") é unha realización dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical. Adóitase realizar nunha soa toma (plano secuencia), na que os participantes fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil, sen importar a calidade do son da toma porque é na edición posterior cando se incorpora a canción como banda sonora. O feito de que se trate dun plano secuencia fai moi sinxelo o proceso. Con estes vídeos, os seus autores, amais de realizaren de xeito colectivo unha experiencia creativa, moi divertida e sen complicacións técnicas, adoitan tratar de mostrar o bo ambiente nunha institución determinada: universidade, empresa etc.

Actualmente o récord mundial de máis xente participando nun lip dub é o LipDub per la independènciaPáxina web oficial do Lip dub per la independència , realizado o 24 de outubro de 2010 na cidade de Vic. Participaron 5.771 persoas, segundo a World Records Academy. A canción escollida foi La Flama, do grupo Obrint Pas.(Ver vídeo)

Características Tom Johnson, un blogueiro especialista en tecnoloxía e comunicación, describiu que as características mínimas que debía que ter un bo lip dub eran: Espontaneidade: É a característica máis importante. Non se trata de algo preparado nin con decorados. Autenticidade: A xente e as situacións deben semellar reais. Participativo: O vídeo mostra un grupo de persoas facendo un esforzo colectivo. Humor: a xente mostra unha actitude divertida.

A parte disto, para poder cualificado de lip dub, un vídeo respectará certas regras: ser rodado nun só plano secuencia; posuír unha ou varias cancións, orixinais ou reinterpretadas; mostrar unha ou diversas persoas cantando a canción;

Orixe Jakob Lodwick, o fundador de Vimeo, encuñaba o termo lip dubbing (dobraxe de labios) o 14 de decembro de 2006, nun vídeo titulado Lip Dubbing: Endless Dream. Na descrición do vídeo, escribiu, "Ía paseando cunha canción soando nos meus auriculares, e graveime a min mesmo cantando. Cando cheguei á casa, abrino co iMovie e engadinlle un Mp3 da canción orixinal, e sincroniceino co meu vídeo. Hai un nome pra isto? Se non hai, suxiro lip dubbing."

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas CPI Virxe da Saleta: A Lingua sabe a Pan IES Chapela: Eu falarei Lip dub Galegando! University LipDub - What do you do after studying? Universidade de Navarra Lipdub of a French University University of Angers Mellor lipdub francés feita pola Ecole des Mines de Douai

Categoría:Internet