O Castelo é un lugar da parroquia de Entenza, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 69 habitantes (38 homes e 31 mulleres). Está situado no centro da parroquia, sendo un dos máis poboados e con máis extensión. Debe o seu nome a que aquí se asentaba o castelo de Entenza.

Historia Ademais dos escasos restos do Castelo que aínda se poden adiviñar entre a vexetación, contra entre o seu patrimonio con varios petróglifos, fontes e incluso unha mina de auga que se di foi un dos pasadizos secretos para entrar no Castelo. A lenda di que por ese pasadizo se atravesaba o río Miño e se chegaba a Portugal.

A primeira noticia que se ten do castelo provén de Prudencio de Sandoval que afirma que en 1140 cando o conde Gómez Muñoz apoderouse dos bens da igrexa de Tui:"et particularmente alçousse con o castelo de Antenza çerca de Tui", polo que o bispo Paio Menéndez se queixou ao rei Afonso VII, que ordenou a súa devolución. Descoñécese que documentación usou para dicir que era un castelo do bispo tudense, porque en documentos posteriores contrastados afírmase que era de señorío laico e reguengo, así no ano 1217 Afonso IX fai constar que súa muller Dona Tareixa tiña os castelos de Entenza, Sobroso, Santa Helena (Nigrán) e Teburia; ata que no ano 1371 llo doou Henrique II de Castela ó bispo de Tui pola súa axuda na primeira guerra civil castelá.

Lugares e parroquias Lugares de Entenza

Parroquias de Salceda de Caselas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Salceda de Caselas

Categoría:Lugares de Salceda de Caselas