"Discipline" é un sinxelo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. É o primeiro sinxelo da banda dende que abandonou o selo Interscope Records e publica a súa música independentemente. Ao contrario que os anteriores sinxelos de NIN, "Discipline" non tivo unha edición física, aparecendo soamente en formato MP3. O tema apareceu primeiro nas radios o 22 de abril do 2008 enviado polo propio Trent Reznor, líder da banda.

Listaxe de cancións "Discipline" (Trent Reznor) - 4:30

Categoría:Sinxelos de 2008 Categoría:Cancións de Nine Inch Nails