Yoel Rodríguez Oterino, nado en Vigo o 28 de agosto de 1988, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é a Unión Deportiva Ourense.

Traxectoria miniatura|esquerda|220px|Yoel co CD Lugo. Un produto da canteira celeste, Yoel ascendeu ao primeiro equipo na tempada 2009–10"Trashorras acerca al Celta a la salvación" , Palco deportivo (21 de marzo de 2010). para xogar na Segunda División. A súa estrea co equipo produciuse o 2 de setembro de 2009 ante o Real Unión de Irún. Con todo, non foi ata o 20 de marzo de 2010 cando unha baixa por sanción do seu compañeiro Ismael Falcón lle permitiu debutar co Celta en liga. No partido, que os enfrontaba co Cartagena C. F., Yoel tivo unha notable actuación e o Celta acabou gañando por 1-0.

Na campaña 2010–11, Yoel volvería a comezar de gardameta suplente, pero unha lesión de Falcón permitiulle disputar os últimos partidos de liga e a eliminatoria de ascenso a Primeira División, onde o Celta caería eliminado en primeira rolda a mans do Granada CF.

Tras a marcha de Ismael Falcón ao Hércules CF,"Una lesión muscular impide a Yoel superar el récord de imbatibilidad de Cavallero", La Voz de Galicia (4 de febreiro de 2012) Yoel comezou a tempada 2011–12 como titular indiscutible. O cérbero vigués chegaría mesmo a acumular 589 minutos consecutivos sen encaixar un gol, pero unha desafortunada lesión fronte o Real Murcia deixouno a 5 minutos de superar o récord de imbatibilidade na portería céltica ostentado por Pablo Cavallero. A lesión, que o mantivo varias semanas de baixa, abriulle o paso á titularidade ao tamén canteirán Sergio, o cal lle acabaría quitando o posto deica o final de liga.

En 2012,"O CD Lugo presenta a Yoel" . El Progreso. Consultado o 29 de xullo de 2012. malia o ascenso do Celta a Primeira División, Yoel non cambiaría de categoría. A chegada de Javi Varas á portería celeste desde o Sevilla FC supuxo a cesión de Yoel ao CD Lugo, equipo que acababa de ascender á división de prata do fútbol español. Tras unha tempada na que conseguiu ser un dos mellores gardametas da Liga, quedando no terceiro posto do Trofeo Zamora, volveu ao seu club de orixe para xogar na Primeira División.

En abril de 2026 fichou pola Unión Deportiva Ourense tras a lesión de Manu Vizoso.

Internacional O 10 de febreiro de 2010, tras unha serie de boas actuacións na Copa do Rei,Convocatoria da selección española sub-21 . RFEF (10 de febreiro de 2010) foi convocado por Juan Ramón López Caro para participar nunha concentración da selección española sub-21.

Clubs AnoClubDivisiónPaísPartidosGoles2005-2006 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 8 92006-2007 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 13 202007-2008 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 9 152008-2009 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 36 242009-2010 Celta de Vigo Segunda Galicia 7 102010-2011 Celta de Vigo Segunda Galicia 12 162011-2012 Celta de Vigo Segunda Galicia 25 222012-2013 Lugo Segunda Galicia 33 362013-2014 Celta de Vigo Segunda Galicia35522014-2015 Valencia Segunda20

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en www.celtavigo.net Ficha en www.cdlugo.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19