O oligoclasioDiáclases, plaxioclasios e outros cultismos con -klastós Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 58 é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de sodio e calcio, con moito máis sodio (79-90%) que calcio (10-30%). Presenta un aspecto de cristais ben formados brancos, frecuentemente en macla.
É un membro intermedio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo os extremos a albita (plaxioclasio de sodio) e a anortita (plaxioclasio de calcio). Por esta razón, ás veces é considerado como unha variedade da albita.
O nome procede do grego oligos e clasis, que significa "pequenas roturas". Sinónimos moi pouco usados son amansita, amantita, amausita ou oligoclasita.
Variedades semi-preciosas miniatura|esquerda|Variedade pedra de solA variedade pedra de sol ten escintileos de cor arroibada producidos por inclusións de hematita.
A variedade pedra de lúa mostra reflexos similares á luz da Lúa.
Ambiente de formación Fórmase en rochas ígneas e pegmatíticas, do tipo do granito e a sienita, nas que é un dos principais compoñentes minerais.
Polo seu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociado en ambos tipos de rocha son cuarzo, moscovita e feldespatos potásicos.
Localización, extracción e uso Algunhas variedades de oligoclasio son ben coñecidas e empregáronse como pedras semipreciosas, a pedra de sol e a pedra de lúa, sendo puídas en forma de cabuxón para a súa inclusión en colares e outros elementos de xoiería.
Acháronse notables depósitos en Sri Lanka, os Estados Unidos, Suecia, Rusia e o Canadá. A pedra do sol atópase nestes dous últimos e en Noruega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7 Outros artigos Lista de minerais
Ligazóns externas
Datos sobre localización de oligoclasio Sitio web con datos do oligoclasio Galería de minerais con información do oligoclasio Galería de imaxes de oligoclasios por Internet:
Categoría:Minerais