O termo Cotón pódese referir a:
Algodón, tecido ou fío feito coa peluxe que recobre as sementes do algodoeiro. Por extensión: Cotón, lanuxe dalgúns froitos, coma a pela dos pexegos; Cotón, materia que se acumula no chan das casas coma sucidade, po, voaxa. Tamén a lanuxe, peluxe ou borra que se pega aos vestidos, ou que fica no embigo (boliña de peluxe do embigo); Cotón, parte alta dunha montaña de formas suaves; Cotón, parte do tronco ou do talo que queda pegada á raíz, despois de cortar unha planta ou unha árbore, coto, canoto, couce, toco, cepa, cepo, zocha; Cotón, parte das videiras que se deixa ao facer a poda dos bacelos.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza O Cotón, lugar da parroquia de Cereo, no concello de Coristanco; O Cotón, lugar da parroquia de San Xusto, no concello de Coristanco; O Cotón, lugar da parroquia de Madelos, no concello de Friol; O Cotón, lugar da parroquia de San Breixo de Parga, no concello de Guitiriz; O Cotón, lugar da parroquia de Campolongo, no concello de Negreira; O Cotón, lugar da parroquia de Negreira, no concello de Negreira; O Cotón, lugar da parroquia dos Devesos, no concello de Ortigueira; O Cotón, lugar da parroquia de Moredo, no concello de Palas de Rei; O Cotón, lugar da parroquia de San Xiao do Camiño, no concello de Palas de Rei; O Cotón, lugar da parroquia de Montouto, no concello de Santa Comba. O Cotón do Muíño, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Zas.
Véxase tamén Outros artigos