miniatura|250px|Plano de Barcelona (1806) coa Cidadela e a Barceloneta; dividindo a cidade amurallada en dúas; les Rambles.

A historia de Barcelona esténdese ao longo de 4.000 anos, desde finais do neolítico, cos primeiros restos atopados no territorio da cidade, até a actualidade. O substrato dos seus habitantes une os pobos iberos (da tribo dos laietanos), cartaxineses, romanos, xudeus, visigodos, musulmáns e cristiáns. Con todo, e tendo en conta a presenza de vestixios de asentamentos iberos e cartaxineses, o verdadeiro nacemento de Barcelona como cidade tivo lugar en época romana, evolucionando desde o seu primeiro momento de esplendor até converterse nun dos principais portos do mar Mediterráneo occidental, chegando na idade media a primacía sobre o resto dos condados cataláns e converténdose en capital da Coroa de Aragón. Logo da unión do reino de Aragón coa coroa de Castela, malia perder a capitalidade Barcelona mantivo unha posición de gran relevancia no desenvolvemento político, social e económico do estado español. Na actualidade, acontecementos como os Xogos Olímpicos de 1992 ou o Fórum Universal das Culturas 2004 situaron Barcelona como unha cidade mundialmente recoñecida e loada, importante foco turístico e cultural, así como centro financeiro e de congresos de recoñecido prestixio.

Historia Orixes dereita|miniatura|300px|Territorio dos laietanos.

As orixes da cidade de Barcelona son confusas. Antes da romanización da Península Ibérica, a área de Barcelona e zonas lindeiras entre os ríos Llobregat e Besòs conserva restos de finais do neolítico e principios do calcolítico. Os primeiros asentamentos permanentes datan dos séculos VII e VI a.C., cando o pobo ibero dos laietanos ocupaba a zona. Hai constancia de dúas poboacións veciñas cara aos séculos III e II a.n.e., ambas as dúas con certa actividade comercial: Barkeno, situada sobre el monte Tàber (Ciutat Vella) e Laie (ou Laiesken), situada posiblemente na aba da montaña de MontjuïcRoig (1995), p. 2-3.. Ao parecer había tamén un pequeno poboado grego chamado Καλλίπολις (Kallípolis, "cidade fermosa"), aínda que non está clara a súa localitación.

Atopáronse dúas cecas deste período. Entre os séculos III e II a.n.e. circularon dracmas de imitación ampuritana cuñadas na ceca de Barkeno coa lenda ibera BARKENO. Laiesken acuñou tamén moedas de uso común durante o primeiro período romano"Cecas ibéricas en la zona catalana" , en Tesorillo (en castelán)..

Durante a segunda guerra púnica (218-202 a.n.e.), Cartago, liderado por Haníbal, ocupou a poboación no curso da súa marcha cara aos Pireneos logo de cruzar o río Ebro, que era até entón a fronteira do dominio cartaxinés. Por este motivo, en ocasión adoita sinalarse a data desta ocupación (218 a.n.e.) como a de fundación da cidade.

Lendas sobre a súa fundación Hai dúas lendas destacadas sobre a orixe da cidade:

A lenda de orixe romana atribúe a fundación a Hércules (Heracles na mitoloxía grega), 400 anos antes da fundación de Roma. Cóntase que Hércules, despois da cuarta proba, uniuse aos argonautas liderados por Xasón na procura do vélaro de ouro, cruzando o Mediterráneo en nove naves. Unha tormenta dispersa a frota preto da costa catalá, e conseguen reagrupar todos os barcos agás un. Xasón encárgase xunto a Hércules de buscar o noveno navío, e descobren o naufraxio da Barca Nona (novena) ao pé dun outeiro (Montjuïc). Aos tripulantes gústalles tanto o lugar que coa axuda de Hércules e Hermes fundan unha cidade co nome da Barca Nona, Barcanona. Esta historia representa unha variación do mito orixinal en que o vélaro se atopana en Cólquida, un territorio situado no Cáucaso (actualmente parte de Xeorxia), mais segundo a adaptación da mitoloxía romana de Heracles a Hércules, os feitos localízanse na parte occidental do Mediterráneo.

A lenda da orixe cartaxinesa di que foi fundada por Hamílcar Barca, pai de Haníbal, cara ao 230 a.n.e co nome de Barkenon, Barcelino ou Barcia Nova en relación coa súa liñaxe. Esta etimoloxía tamén é atribuída ao propio Haníbal Barca.

Outra versión relaciona as dúas lendas mediante unha fundación de Hércules e unha reconstrución posterior por parte de Hamílcar. En calquera caso, estas orixes están baseadas en conxecturas sen base arqueolóxica nin histórica, e foron propostas por historiadores medievais do século XV como Pere Tomic ou Jeroni Pau. A orixe etimolóxica está ben funamentada no topónimo laietano e ibérico, e é defendido por lingüistas e etimólogos recoñecidos como Joan Coromines.

Fundación romana miniatura|175px|Plano de Barcino superposto ao plano actual do Barrio Gótico. No 15 a.C., a romanización progresiva dos asentamentos iberos termina coa refundación no lugar do Táber da Colonia Iulia Augusta Faventia Paterna BarcinoEsquema coa posición de Barcino.. Eran apenas 12 hectáreas arrodeadas por 1,5 quilómetros de muralla con cardo e decumano máximos cruzándose no foro (a carón da actual Praza de Sant JaumeAnimación sobre Barcino.), onde se erixía o templo de Augusto, e catro portas nas principais direccións.

O auxe de Barcino acadouse nos séculos II e III (ata 8.000 habitantes). Contaba con acuedutos e termas e a muralla reforzouse fortemente (81 torres de 18 m) entre o ano 270 e o 300, nunha obra que falaba da relevancia da cidade, que rivalizaba mesmo con TarracoRecreación de Barcino. No fondo o Montjuïc..

A decadencia do poder imperial romano foi substituída polo fortalecemento do cristianismo. A finais do século IV documéntanse xa bispos e iníciase a construción dun templo paleocristián: basílica da Santa Cruz, con baptisterio e pazo episcopal, orixe da actual catedral, xunto a muralla. O centro de poder trasládase así ao nordeste do recinto intramuros dende o foro, que comeza a ser abandonadoPlanta de Barcino sobreposta ao trazado medieval (Barchinona), coa situación do complexo episcopal no ángulo inferior dereito..

Período visigodo e musulmán No 415 os visigodos de Ataúlfo e Gala Placidia estableceron unha modesta corte en Barcino como capital do seu futuro reino na Península Ibérica, só uns meses ata en catro ocasións nos séculos seguintes, posiblemente pola súa situación e forte muralla. De culto ariano, desprazarán da basílica aos católicos indíxenas, orixe da igrexa de San Xusto e Pastor ao sur do foro. Pero contra o ano 600, no canto da existente e xa convertidos, os visigodos van construír en dous tempos unha nova basílica onde se celebran dous conciliosRexistro arqueolóxico dos primeiros complexos episcopais da cidade. Pdf (10Mb).. Seica xunto ao complexo episcopal estaba o pazo condal do delegado rexio, co poder militar e civil da que xa era coñecida por Barchinona.

No 718 produciuse a conquista musulmá e no 985 o saqueo e incendio da cidade por Almanzor. Entremedias, dende o 801, un bastión de fronteira na Marca Hispánica do Imperio Carolinxio. Edifícase un novo pazo condal (século IX) sobre o visigodo e os condes van ser cada vez máis independentes.

Esplendor da Barcelona condal miniatura|165px|dereita|Situación da catedral románica (século XI, en vermello) respecto á catedral gótica (s.XIV). Xa en 1046 dan inicio as obras dunha catedral románica en substitución da destruída por Almanzor. A economía comeza unha progresiva recuperación da man do comercio nas feiras e as vías marítimas. Fóra das murallas aparecen xunto as portas arrabaldes ben desenvolvidos arredor de igrexas e mosteiros (o Mercadal e Vilanova do Mar, el Pi, os Arcos Antigos.Páxina interactiva co desenvolvemento da Barcelona medieval (Univ. de B). Os primeiros conventos foron os das ordes militares, despois viñeron franciscanos e dominicos (Santa Catarina). Na segunda metade do século XIII, Pedro o Grande manda erixir unha muralla defensiva arrodeando o conxunto (150 hectáreas). Polo oeste o límite será a canle dun arroio (riera, actuais Ramblas).

Dende 1162 a cidade era ademais residencia real da coroa de Aragón. O pazo condal foi ampliado (Palau Reial Maior), trasladándose o episcopal á porta norte da muralla romana. O corazón da actividade urbana era entón o "Mercadal" coa praza do mercado (Plaça del Blat) fronte a antiga porta leste. De alí partía a rúa do mar (Argenteria), con artesáns, mercadores e comerciantes, ata o barrio da Ribera, cos mariñeiros e pescadores e onde uns primeiros estaleiros (drassanes) anunciaban o futuro inmediato de Barcelona.

Potencia do Mediterráneo miniatura|170px|esquerda|Santa María do Mar

No século XIVRecreación en perspectiva da cidade no comezo do século XIV., con Xaime II de Aragón e Pedro o Cerimonioso, a cidade acada a súa máxima expansión marítima. Novos estaleiros (Reials Drassanes) e Lonxa fornecen o atafego do portoMaqueta da ribeira de Barcelona na baixa Idade Media.. A muralla complétase na segunda metade do século, cercando tamén o arrabalde do oeste (Raval).

A prosperidade procura os fondos precisos para desenvolver un ambicioso plan construtor. O estilo vai ser o gótico pero con características idiosincrásicas que fan lexítimo falar dun gótico catalán. Unha nova catedral, erixida canda a vella románica, será o seu magnífico estandarte Gótico catalán no interior da catedral.. Outro exemplo, sinxelo e soberbio, é a igrexa dos mariñeiros, Santa Maria del Mar, no barrio de Vilanova, a carón do barrio da Ribera.

Do gótico civil destacan, ademais das anteditas Drassanes e a lonxa, o Pazo Real, que continúa a ampliarse (capela de Santa Ágata e o impoñente Saló del Tinell) en torno á Plaça del Rei.Composición fotográfica coa Plaça del Rei medieval e a arqueoloxía do seu subsolo: á dereita Santa Ágata, ao fondo o corpo de contrafortes do Saló del Tinell e o miradoiro do Rei Martín do século XV. Por outra banda, a casa do concello (Casa de la Ciutat co Saló de Cent) e o xerme do Palau da Generalitat comezan a configurar a futura Plaça de Sant Jaume (século XIX), xusto no centro da cidade histórica.Evolución urbana da Plaça Sant Jaume, Correa Lemos, L. Pdf (9Mb).

Evolución da liña de costa en Barcelona.|miniatura|dereita|250px

Despois de que a peste negra decimase a poboación apareceu a decadencia. O século XV foi o da consecución dun porto a altura da importancia marítimo comercial da cidade. Coa construción dun dique ata a illa de Maians (1477) comezaba o abrigo definitivo do fondeadoiro da costa sempre exposto aos temporais de levante. O efecto secundario foi a acumulación de limos do río Besós no leste do dique, que foi creando unha península de futura significación urbana.Mapa do porto de Barcelona en 1439 e evolución subseguinte.Vista de Barcelona de 1572 inda nas murallas de Pedro o Cerimonioso; o porto á dereita.

Séculos de estancamento O matrimonio dos Reis Católicos e o descubrimento de América van estancar a economía barcelonesa. Agora Aragón é parte da coroa española e o océano Atlántico (Cádiz e Sevilla) vai substituír o Mediterráneo na primacía comercial (35.000 h en 1150, 20.000 en 1492, 36.000 en 1715). Barcelona manterase ata o século XIX nas murallas medievais, que se reforzan con bastións renacentistas.Mapa de Barcelona en 1700; du Bosc, ICC. A vella muralla romana foise subsumindo en construcións achegadas.

Trala final da Guerra de Sucesión coa capitulación de Barcelona e a perda dos foros, en 1716 o rei Filipe V ordena a construción da maior cidadela de Europa, a Ciutadella, para o control da cidade. Derrúbase gran parte do barrio de Ribera e para os pescadores desaloxados planificarase despois (1753) o barrio da Barceloneta no recheo ao sur que tiña provocado o dique do porto.Vista da Barceloneta nun gravado da época.