O Camerún (en ; en ), oficialmente República do Camerún (en ; en ) é un país africano situado en África central. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao nordeste co Chad, ao leste coa República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial), e ao leste co golfo de Guinea, a través do cal fai fronteira con Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa costa encóntrase na baía de Biafra, parte do golfo de Guinea e o océano Atlántico. Debido á súa posición estratéxica no cruzamento de camiños entre África occidental e África central, tense clasificado en ambas zonas. A poboación do país está próxima aos 31 millóns de persoas que falan unhas 250 linguas nativas ademais das linguas nacionais, o francés e o inglés, ou ambas. Entre os primeiros poboadores do territorio que hoxe ocupa Camerún inclíanse a civilización sao ao redor do lago Chad e os cazadores-recolectores Baka na selva tropical do sueste. Os exploradores portugueses chegaron á costa no século XV e denominaron á área Rio dos Camarões (Río dos Camaróns), que derivou a Camerún en galego. Os soldados fulan fundaron o Emirato Adamawa no norte no século XIX, e varios grupos étnicos do oeste e do noroeste estableceron poderosas xefaturas e dominios rexidos por fons.

Camerún converteuse nunha colonia alemá en 1884 coñecida como "Kamerun". Logo da primeira guerra mundial, esta foi dividida entre Francia e o Reino Unido de acordo cos mandatos da Sociedade de Nacións. Francia tomou 4/5 do territorio, mentors que o Reino Unido tan só 1/5, e ambos gobernaron baixo mandato ata a independencia en 1960 e 1961 respectivamente. O partido político Union des Populations du Cameroun (UPC) defendía a independencia, pero foi ilegalizado por Francia na década de 1950, o que levou á insurxencia de de liberación nacional que enfrontou a Francia e ás forzas militantes da UPC ata principios de 1971. En 1960, a parte do Camerún administrada por Francia independizouse como a República do Camerún baixo o presidente Ahmadou Ahidjo. A parte sur do Camerún Británico federouse con ela en 1961 para formar a República Federal do Cameroon. A federación abandonouse en 1972. O país foi renomeado República Unida do Camerún en 1972 e volveu chamarse República do Camerún en 1984 por un decreto presidencial decretado polo presidente Paul Biya. Biya, o actual presidente, dirixiu o país dende 1982 logo da dimisión de Ahidjo; previamente ocupara o cargo de primeiro ministro a partir de 1975. Camerún está gobernado como unha república presidencial unitaria.

As linguas oficiais do Camerún son o francés e o inglés, as linguas oficiais dos antigos Camerún francés e Camerún británico. O cristianismo é a maior relixión no Camerún, con minorías significativas musulmás e de crenzas tradicionais. O país ten experimentado tensións nos seus territorios de fala inglesa, onde os políticos avogaron por unha maior descentralización e mesmo pola separación completa ou independencia (como no caso do Consello Nacional do Camerún do Sur). En 2017, as tensións pola creación do estado de Ambazonia nos territorios anglófonos escalaron ata converterse nunha guerra aberta. Un gran número de persoas no Camerún viven da agricultura de subsistencia. O país ás veces é denominado "África en miniatura" pola súa diversidade xeolóxica, lingüística e cultral. Entre as súas características naturais salientan as súas praias, desertos, montañas, selvas e sabanas. O punto máis elevado do Camerún, a case 4100 metros de altura, é o monte Camerún, na Rexión Suroeste.

As cidades máis poboadas do Camerún son Douala no río Wouri, a súa capital económica e principal porto; Yaoundé, a capital política; e Garoua. Limbé, no suroeste, ten un porto natural. Camerún é moi coñecida polos seus estilos musicais autóctonos, particularmente a Makossa, o Njang e o Bikutsi, e o seu exitoso equipo nacional de fútbol. É un estado membro da Unión Africana, as Nacións Unidas, a Organización Internacional da Francofonía (OIF), a Commonwealth de Nacións, o Movemento de Países Non Aliñados e a Organización para a Cooperación Islámica.

Etimoloxía Orixinalmente, o Camerún foi o exónimo dado polos portugueses ao río Wouri, ao que chamaban Rio dos Camarões (en galego "río das gambas" ou "río gamba"), referíndose á daquela abondosa gamba fantasma do Camerún. O nome do país en portugués segue a ser Camarões.

Historia

Historia temperá miniatura|O silabario bamum é un sistema de escrita desenvolvido polo ref Njoya a finais do século XIX. O territorio que actualmente ocupa o Camerún foi ocupado por primeira vez no Neolítico. Os habitantes continuos máis lonxevos son os baka, un pobo pigmeo. Desde alí, pénsase que as migracións bantús cara á África oriental, meridional e central producíronse hai uns 2000 anos. A cultura sao xurdiu ao redor do lago Chad, , e deu paso a Kanem e o seu estado sucesor, o Imperio de Bornu. No oeste xurdiron reinos, fons e xefaturas.

Os mariñeiros portugueses chegaron á costa camerunesa en 1472. Observaron a abundancia de camarón fantasma Lepidophthalmus turneranus no río Wouri e chamárono Rio dos Camarões, que se converteu en Camerún noutras linguas. Durante os seguintes séculos, os intereses europeos regularizaron o comercio cos pobos da costa, e os misioneiros avanzaron cara o interior.

A malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.

En 1896, o sultán Ibrahim Njoya creou a escritura bamum, ou Shu Mom, para a lingua bamum. Actualmente ensínase no país a través do Bamum Scripts and Archives Project.

Colonia alemá

Alemaña comezou a colonizar Camerún en 1868, cando a compañía Woermann de Hamburgo construíu un almacén no estuario do río Wouri. Posteriormente, Gustav Nachtigal asinou un tratado cun dos reis locais para anexionar a rexión ao dominios do emperador alemán. O Imperio Alemán reclamou o territorio como a colonia de Kamerun en 1884 e comezou un avance constante cara o interior ao que se resistiron as poboacións nativas. Baixo os auspicios de Alemaña, as compañías comerciais eran administracións locais. Estas concesións empregaron traballo forzado para administrar plantacións rendibles de plátano, caucho, aceite de palma, e cacao. Mesmo os proxectos de infraestrutura dependían dun réxime de traballo forzado. Esta política económica foi moi criticada polas outras potencias coloniais.

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da primeira guerra mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

Colonia francesa e británica

miniatura|dereita|Líderes do partido independentista UPC. Coa derrota de Alemaña na primeira guerra mundial, Kamerun converteuse nun mandato da Sociedade de Nacións e foi dividido no Camerún francés () e o Camerún británico en 1919. Francia integrou a economía do Camerún coa de Francia e mellorou a infraestrutura con investimentos de capital e traballadores cualificados, modificando o sistema colonial de traballo forzado.

Os británicos administraron o seu territorio dende a veciña Nixeria. A poboación queixouse de que isto os convertía nunha "colonia de colonia" esquecida. A man de obra migrante procedente de Nixeria acudiu en masa ao sur do Camerún, poñendo fin ao traballo forzado, mais enfadando á poboación local, que se sentiu abrumada. Os mandatos da Sociedade de Nacións convertéronse nos Fideicomisos das Nacións Unidas en 1946, e a cuestión da independencia converteuse nunha cuestión apremiante no Camerún francés.

Francia prohibiu o partido político independentista, a Unión dos Pobos do Camerún (Union des Populations du Cameroun; UPC), o 13 de xullo de 1955. Into provocou unha longa guerra de guerrillas emprendida pola UPC, e o asasinato de varios dos líderes do partido, entre eles Ruben Um Nyobè, Félix-Roland Moumié e Ernest Ouandie. No Camerún británico, a cuestión era se reunificarse co Camerún francés ou unirse a Nixeria; os británicos descartaron a opción da independencia.

Independencia O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmá do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún. miniatura|O antigo presidente Ahmadou Ahidjo gobernou dende 1960 ata 1982. O 1 de xaneiro de 1960, o Camerún francés independizouse de Francia co presidente Ahmadou Ahidjo. O 1 de outubro de 1961, o antigo Camerún do Sur británico independizouse do Reino Unido mediante votación da Asemblea Xeral da ONU e uniuse ao Camerún francés para crear a República Federal do Camerún, unha data que hoxe é celebrada como o Día da Unificación, un día festivo. Ahidjo empregou a guerra en curso co UPC para concentrar o poder na súa presidencia, e continuou así mesmo despois da supresión da UPC en 1971.

O seu partido político, a Unión Nacional do Camerún (UNC), converteuse no único partido político legal o 1 de setembro de 1966, e o 20 de maio de 1972, aprobouse a abolición do sistema de goberno federal mediante referendo, en favor dunha República Unida do Camerún, dirixida dende Yaoundé. Este día é hoxe o Día Nacional do país, un día festivo. Ahidjo seguiu unha política económica de liberalismo planificado, priorizando os cultivos comerciais e o desenvolvemento petroleiro. O goberno empregou os cartos do petróleo para crear unha reserva nacional de efectivo, para pagar aos agricultores, e financiar importantes proxectos de desenvolvemento; con todo, moitas iniciativas fracasaron cando Ahidjo nomeou a aliados non cualificados para dirixilas.

A bandeira nacional mudou o 20 de maio de 1975. Suprimíronse as dúas estrelas, que foron substituídas por unha gran estrela central como símbolo da unidade nacional.

Ahidjo dimitiu o 4 de novembro de 1982 e deixou o poder ao seu sucesor constitucional, Paul Biya. Con todo, Ahidjo mantívose ao mando da CNU e tentou dirixir o país na sombra ata que Biya e os seus aliados lle meteron presión para que dimitira. Biya comezou a súa administración avanzando cara a un goberno máis democrático, mais un intento de golpe de estado marrado levouno cara o estilo de liderado do seu predecesor.

Entre mediados da década de 1980 e finais da década de 1990 o país sufriu unha crise económica como resultado das condicións económicas internacionais, a seca, a caída dos prezos do petróleo, e anos de corrupción, mala xestión, e fisioloxismo. Camerún recorreu á axuuda externa, recurtou o gasto público, e privatizou as industrias. Coa reintrodución do multipartidismo en decembro de 1990, os antigos grupos de presión británicos do Camerún Meridional pediron unha maior autonomía, e o Consello Nacional do Camerún do Sur abogou por unha secesión completa como como República de Ambazonia. O Código Laboral do Camerún de 1992 outorga aos graballadores a liberdade para pertencer a un sindicato ou non pertencer a ningún. É a elección do traballador unirse a algún sindicado da súa profesión, xa que hai máis dun sindicato en cada profesión no país.

miniatura|esquerda|Paul Biya goberna o país dende 1982.