O paradoxo de Condorcet ou paradoxo da votación é unha disxunción entre as preferencias do grupo e as preferencias individuais formulada por Condorcet (científico e matemático francés do século XVIII).
Un individuo que pertence a un grupo mesmo cando ten preferencias que son consistentes (completas e transitivas), iso non é necesariamente verdadeiro para o grupo. É dicir, as preferencias colectivas poden ser cíclicas (non transitivas), mesmo se as dos votantes individuais non o foran. Isto é paradoxal, pois quer dicir que o desexo da maioría pode entrar en conflito con todos, isto é así porque as maiorías están feitas de grupos diferentes de individuos.
Por exemplo, supoñamos que temos tres candidatos, A, B e C, e hai tres votantes coas preferencias a seguir (listamos os candidatos en orde decrecente de preferencia):
Votante 1: A B C Votante 2: B C A Votante 3: C A B
Se C for escolleito como gañador, podería argumentarse que debería selo B no seu lugar, pois dous votantes (1 e 2) prefiren B antes que C. Porén, polo mesmo argumento A é preferido a B, e C é preferido a A, pola marxe de 2 a 1 en cada caso. Tentar unha regra de maioría non fornece un gañador claro.
Mesmo, se a elección fose entre os tres votantes como os únicos participantes, ninguén gañaría baixo unha regra de maioría, pois resultaría empate onde cada candidato tería só un voto. Porén, o paradoxo describe que unha persoa que reduce alternativas pode guiar a elección de xeito esencial: por exemplo, se os votantes 1 e 2 escollen os seus candidatos preferidos (A e B respectivamente), e o votante 3 abandona o seu voto por C, o votante 3 pode escoller entre A ou B e converterse no xuíz.
Cando un método de Condorcet é empregado para determinar unha elección, un paradoxo de Condorcet entre os sufraxios pode significar que a elección non ten un gañador de Condorcet. As moitas variantes do método de Condorcet diferéncianse en como o método resolve tales ambigüidades circulares cando xorden para determinar un gañador. Obsérvese que no exemplo fornecido (un de moitos e moi simple) non hai resolución determinista e definitiva xa que cada candidato fica nunha situación exactamente simétrica.
Véxase tamén Outros artigos Paradoxo de l'Alabama. Teorema da imposibilidade da democracia.
Ligazóns externas Ilustración do paradoxo de Condorcet nas sondaxes das eleccións presidenciais francesas do 2007
Categoría:Sistemas electorais Condorcet