A tempada 1986/87 da Primeira división española de fútbol, que foi a 56ª edición do campionato, desenvolveuse cunha fase final e foi coñecida como a liga do play-off. Os seis primeiros clasificados nas 34 xornadas habituais xogaron unha nova rolda de liguiña a dobre partido entre eles, mantendo a puntuación da liga regular. Estes seis primeiros disputaron o título. Os clasificados entre os postos sétimo e duodécimo disputaron outra liguiña para decidiren os seus postos e clasificárense para a Copa da Liga. Igualmente os seis últimos disputaron unha liguiña para decidiren as tres prazas iniciais de descenso. Por unha decisión tomada tras a competición os tres últimos tras a segunda fase xogaron unha promoción entre eles para decidiren unha soa praza de descenso, xa que se decidiu ampliar a Primeira División ao ano seguinte a 20 equipos.
Este sistema non foi utilizado nunca máis. O Real Madrid proclamouse campión desta liga do play-off.
Clasificación final
PosEquipoXGEPGFGCDGPtos1Real Madrid4427125843747662Barcelona4424155632934633Espanyol44201113664620514Atlético de Madrid4418111558544475Real Sociedad441991659545476Sporting de Gijón4416131558508457Betis441891761592458Zaragoza441514154647-1449Athletic Club44151217515014210Mallorca441512174865-174211Murcia44177205063-134112Las Palmas44169195967-84113Valladolid441511184245-34114Sevilla441411195153-23915Sabadell441214183859-213816Osasuna441214184048-83817Racing de Santander44129234666-203318Cádiz44109253159-2829
Copa de Europa Copa da UEFA Recopa de Europa Descenso a Segunda
Trofeo Pichichi Hugo Sánchez logrou por terceiro ano consecutivo o Trofeo Pichichi do Diario Marca ao máximo goleador da Primeira División.
#XogadorEquipoGoles1º20px|Bandeira de México Hugo SánchezReal Madrid342º20px|Bandeira de Inglaterra Gary LinekerFC Barcelona203º20px|Bandeira de España Enrique MagdalenoRCD Mallorca194º20px|Bandeira de Arxentina Gabriel CalderónReal Betis185º20px|Bandeira de España Pichi AlonsoRCD Espanyol17
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da LFP, que inclúe resultados e aliñacións Sitio oficial da Real Federación Española
Categoría:Fútbol en 1987 Categoría:Primeira división española