Arnette Lamar Hallman Scharfhausen, nado o 6 de xaneiro de 1988 en Lisboa, Portugal, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Académica de Coimbra da Liga Portuguesa de Baloncesto. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de aleiro.
Traxectoria De pai estadounidense e nai española, Hallman naceu na cidade portuguesa de Lisboa, onde comezou a xogar ao baloncesto no colexio de Alges. Cómpre destacar que o seu pai tamén foi xogador de baloncesto da universidade de Purdue na NCAA, chegando a ser elixido no draft da NBA na posición oitenta polos Boston Celtics. Hallman despois do colexio ingresa no Sport Lisboa Benfica Lisboeta, onde xoga na liga UZO e Proliga. En 2007, mentres xogaba no Benfica, asina polas categorías inferiores do Breogán, xogando posteriormente cedido no Belenenses Hyundai Lusitor da UZO. Hallman, por mor da súa nacionalidade española, foi nomeado en 2008 "Xogador Bosman do Ano" da Proliga portuguesa.
Equipos SL Benfica. (UZO/Proliga, 2006-2008) Asina polas categorías inferiores do Breogán (2007) Belenenses Hyundai Lusitor. (UZO, 2008-2009) Estudiantes (EBA, 2009) Breogán de Lugo (LEB, 2009-2011) Académica de Coimbra (LPB, dende 2011)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web oficial do Breogán Perfil na web oficial da FEB
Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Club Estudiantes de Lugo Categoría:Xogadores do Oliveirense Basquetebol Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Portugal Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Nados en Lisboa