O Emergency Committee of Atomic Scientists, que se podería traducir como Comité de emerxencia de científicos atómicos, foi fundado por Albert Einstein e Leó Szilárd en 1946. Os seus obxectivos eran os de alertar a opinión pública sobre dos perigos asociados ao desenvolvemento de armas nucleares, promover o uso pacífico da enerxía nuclear e en última análise, traballar para a paz mundial.

O comité foi estabelecido tras a petición de Szilárd en 1945, que foi remitida ao Presidente dos EUA, Harry S. Truman, opóndose ao uso da bomba atómica por razóns morais. A petición foi asinada por 68 científicos que traballaran no Proxecto Manhattan. A maioría dos científicos que traballaban no Proxecto Manhattan, non sabían enteiramente o que daquela estaban a crear.

Membros O Comité apenas consistía en oito membros:

Albert Einstein, presidente Harold C. Urey, vicepresidente Hans Bethe T.R. Hogness Philip Morse Linus Pauling Leó Szilárd Victor Weisskopf

Véxase tamén Ligazóns externas Fragmento dunha entrevista con Linus Pauling 1947 Carta de Albert Einstein solicitando fondos para o Comité.

Categoría:Ciencia