Os Areeiras de Catoira é un grupo musical de música tradicional galega formado na década dos anos 40 en Catoira.
Historia Ramón Sumay formou o seu primeiro dúo de gaitas co seu mestre Agustín Lorenzo Loroño nos grupos Airiños de Campelo e Brisas do Río Ulla, aconsellado por Avelino Cachafeiro, e percorreu a xeografía galega ata o inicio da guerra civil española en 1936.
No ano 1940 retoma a actividade artística e forman o cuarteto Os Areeiras de Catoria, nome que facía referencia ao lugar do Areal de onde procedía a familia. A formación inicial se completaba con Tito Sumay (gaita), Agustín Sumay (caixa) e Alfonso Díez O Zapateiro. Posteriormente participarían tamén como bombeiros Eugenio Sumay, Pepe O carreiro e Manuel Isorna Castro.
Compartiron escenarios cos Os Gaiteiros de Soutelo de Avelino Cachafeiro e cos Os Campaneiros de Vilagarcía, e están considerados como un dos grupos importantes da tradición gaiteiril galega.
Membros Ramón Sumay, gaita Tito Sumay, gaita Agustín Sumay, caixa Alfonso Díez O Zapateiro, bombo
Discografía Álbums *Os Areeiras(2005)Disco editado a partir de gravacións históricas do grupo.
Véxase tamén Bibliografía
Areeiras de Catoira Categoría:Música de Galicia sen imaxes Categoría:Grupos galegos de música tradicional