Two Lovers é un filme estadounidense de James Gray (director de películas coma "We own the night") estreada en 2008, inspirada na obra de Fiódor Dostoievski, Noites brancas. Foi amplamente gabada no festival de Cannes de 2008.

Sinopse Leonard é un home con problemas emocionais que vive cos seus pais nun pequeno apartamento en Nova York. A súa vida complícase coa chegada de dúas mulleres: por un lado Michelle, a guapa veciña coa que Leonard recoñece o amor dos seus soños xa que tamén leva unha vida moi inestable, e por outro lado Sandra, a filla duns amigos de negocios do seu pai, de carácter bondadoso que está perdidamente namorada de Leonard. O protagonista debe escoller entre o amor dos seus soños ou o amor da súa vida.

Elenco Joaquin Phoenix (Leonard Kraditor) Gwyneth Paltrow (Michelle Rausch) Vinessa Shaw (Sandra Cohen) Isabella Rossellini (Ruth Kraditor) Moni Moshonov (Rubén Kraditor) Elias Koteas (Ronald Blatt) Bob Ari (Michael Cohen) Julie Budd (Carol Cohen)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Two Lovers, na IMDb.

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por James Gray Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York