Olancho é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado no norte-leste desta. A capital departamental é Juticalpa. Ten unha superficie de 24.351 km² e no 2005 tiña unha poboación estimada de 458.365 habitantes.

Olancho é o departamento máis extenso de Honduras. Posúe maior extensión territorial que o veciño Salvador; sendo a segunda entidade subnacional centroamericana por superficie, despois de Petén, en Guatemala.

Limita polo norte cos departamentos de Yoro e Colón; polo sur con de El Paraíso e con Nicaragua e polo oeste cos departamentos de Francisco Morazán e Yoro novamente.

Municipalidades

Campamento Catacamas Concordia Dulce Nombre de Culmí El Rosario Esquipulas del Norte Gualaco Guarizama Guata Guayape Jano Juticalpa La Unión Mangulile Manto Patuca Salamá San Esteban San Francisco de Becerra San Francisco de la Paz Santa Maria del Real Silca Yocón

Olancho