Tiny Music... Songs from the Vatican Gift Shop é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Stone Temple Pilots, editado o 26 de marzo de 1996 a través do selo Atlantic Records. O álbum ten tres sinxelos que acadaron o número 1 na lista Mainstream Rock Tracks: "Big Bang Baby", "Lady Picture Show" e "Trippin' on a Hole in a Paper Heart". Con Tiny Music... Stone Temple Pilots afastouse do son grunge presente nos seus dous primeiros discos e incorporou unha ampla variedade de influencias.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Stone Temple Pilots Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Brendan O'Brien Categoría:Álbums de Atlantic Records