, nado en Kyoto o 12 de xaneiro de 1949, é un popular escritor e tradutor xaponés.

Traxectoria Frecuentou a Universidade de Waseda, en Tokyo, dedicándose sobre todo aos estudos teatrais. Antes de terminar o curso, abriu un bar de jazz chamado Peter Cat, á fronte do cal se mantivo entre 1974 e 1982. En 1986, partiu para a Europa e despois para os EUA, onde foi para impartir clases na Universidade Princeton e onde acabaría por quedar a vivir.

Escribiu a súa primeira novela - Hear the Wind Swing - en 1979, mais sería en 1987, con Norwegian Wood, que o seu nome se tornaría famoso no Xapón. Escritor particularmente influenciado pola cultura occidental, Murakami traduciu para o xaponés obras de F. Scott Fitzgerald, Truman Capote, John Irving e Raymond Carver.

En Galiza Murakami viaxou a Santiago de Compostela en 2009.

Obras Hitsuji o meguru bōken (羊をめぐる冒険, 1982) Noruwei no mori (ノルウェイの森, 1987) Dansu dansu dansu (ダンス・ダンス・ダンス, 1988) Andāguraundo (アンダーグラウンド, 1998) Spūtoniku no koibito (スプートニクの恋人, 1999) Umibe no Kafuka (海辺のカフカ, en galego Kafka na beiramar, 2002) Nejimaki-dori kuronikuru (ねじまき鳥クロニクル, 2006) Tras do solpor (アフターダーク, 2008). Traducido por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez (Galaxia, 2008). Do que estou a falar cando falo de correr (走ることについて語るときに僕の語ること, 2009). Traducido por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez (Galaxia, 2009). 1Q84 (2011). Traducido por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez (Galaxia, 2009 e 2011). Shikisai wo motanai Tazaki Tsukuro to, kare no junrei no toshi (色彩を持たない多崎つくると、彼の巡礼の年, 2013). Kishidanchō-goroshi (騎士団長殺し, 2017). Machi to sono futashikana kabe (街とその不確かな壁, 2023).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia Libros do autor publicados pola Editora Objetiva

Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Tradutores do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Kyoto Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores en lingua xaponesa Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras Categoría:Profesores da Universidade de Princeton