Os Campaneiros de Vilagarcía foi un cuarteto de gaitas de música tradicional galega formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984.

Historia Os irmáns Xosé e Ramón Valiñas Oubiña, do Sisto (Vilagarcía de Arousa), actuaron por vez primeira baixo o nome de Os Campaneiros no ano 1926. O alcume víñalles por un bisavó fabricante de campás. Varios percusionistas actuaron cos irmáns ao longo da dilatada carreira do grupo, pero son coñecidos sobre todo os tamén irmáns José e Celestino, fillos de Pallamallada, un coñecido gaiteiro da comarca arousana. miniatura|250px|Monumento na súa honra, no Sisto (Solobeira) No ano 1983 a súa aldea natal fíxolles unha homenaxe popular, na que actuaron Milladoiro, Fuxan os Ventos, Airiños do Parque de Castrelos, Os Rosales. No ano 1984, na Festa do Marisco no Grove, o grupo actuou por derradeira vez, obrigados polo estado de saúde de Ramón.

O grupo foi moi prolífico: deixaron editado un disco e varias gravacións caseiras que van saíndo á luz en edicións modernas. Achegaron tamén unha gran cantidade de pezas da súa autoría ao repertorio galego para gaita. Do seu estilo interpretativo hai que destacar a súa particular maneira de entender a percusión dentro da formación tradicional do cuarteto de gaitas.

Membros Xosé Valiñas, gaitas. Ramón Valiñas, gaitas. Celestino Carballa, tamboril. Xosé Carballa, bombo.

Discografía

Álbums

Os Campaneiros de Vilagarcía (1969) Os Campaneiros de Vilagarcía (2005) Reedición do disco de 1969, co engadido de tres pezas máis inéditas.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Os Campaneiros, expertos gaiteiros. - tallercrof (Youtube).

Campaneiros de Vilagarcía Categoría:Grupos galegos de música tradicional