Sergio Luyk Torre, nado o 20 de setembro de 1971 en Madrid e finado o 30 de marzo de 2008 aos 36 anos en Madrid, foi un xogador profesional de baloncesto español. Cunha estatura de 2,04 metros xogaba na posición de aleiro.

Traxectoria Fillo do coñecido ex xogador de baloncesto Clifford Luyk e da ex-modelo Paquita Torres, xurdiu da canteira do Real Madrid. Trasladouse a realizar os seus estudos superiores aos Estados Unidos, xogando no instituto University Heights Academy de Kentucky e posteriormente cinco tempadas no equipo da Universidade de Saint John's da NCAA.

En 1995 regresou e asinou co Fórum Valladolid da ACB, equipo co que xogou até 1998. Logo pasou polo Real Madrid, onde xogaría a tempada 1998-1999. O seu último club foi o Breogán de Lugo, no que xogou de 1999 a 2001, onde se converteu nun dos xogadores máis queridos polos seareiros. Retirouse do baloncesto profesional en 2001, aínda que posteriormente participou en partidos da selección de veteranos do Real Madrid.

Foi internacional coa selección de España nas categorías sub'21 e sub'23. Faleceu o 30 de marzo de 2008, aos 36 anos, vítima dun tumor cerebral. Sergio Luyk estudara Empresariais e tiña un máster en Negocios Internacionais, ao que se adicaba antes da súa morte. Foi parella sentimental da ferrolá Paula Vázquez.Morre aos 36 anos Sergio Luyk, ex xogador do Breogán

Equipos Canteira do "Colegio Estudio Madrid". Categorías inferiores do Real Madrid. 15px|border|Instituo Instituto University Heights (1987–1990) 15px|border|NCAA St. John's Red Storm (1990–1995) 15px|border|ACB Fórum Valladolid (1995–1998) 15px|border|ACB Real Madrid (1998–1999) 15px|border|ACB Leite Río Breogán (1999–2001)

Nomeamentos 23/02/1997 (1996-97). Liga ACB. Fórum Valladolid. Xogador Nacional da Semana. Xornada 23. 19/04/1998 (1997-98). Liga ACB. Fórum Valladolid. Xogador Nacional da Semana. Xornada 29.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com

Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en Madrid