O Casco Viejo Bilbao é un antigo club de hóckey sobre xeo vasco. Competiu na Superliga española dende 1975 e decontado se converteu nun dos clubs punteiros da Península.
En 1978 converteuse no primeiro club español en participar na Copa de Europa fronte ao club neerlandés do Heerenveen.
O equipo do Casco Viejo trocou o seu nome en 1981 para adoptar o de Vizcaya Bilbao, feito que non lle impediría continuar nos postos de cabeza do campionato español.
Foi en 1986 cando o club tivo que deixar a súa actividade. A pesar do seu notable éxito, os problemas económicos fixeron que o club tivese que suspender as súas actividades e finalmente desapareceu.
Palmarés 6 Ligas españolas: 1977, 1978, 1979, 1981, 1982 e 1983. 1 subcampionato: 1980. 2 Copas do Rei: 1978 e 1981. 2 subcampionatos: 1976 e 1982.
Participacións na Copa de Europa Tempada Rolda Adversario Marcador(es) 1978-79 1ª Rolda 20px Heerenveen Flyers 15px 3-9 ; 2-21 1979-80 1ª Rolda 20px Les Huskies de Chamonix 15px 4-12 ; 0-8 1981-82 1ª Rolda 20px Brûleurs de Loups de Grenoble 15px 2-6 ; 1-3 1982-83 1ª Rolda 20px Brûleurs de Loups de Grenoble 15px 7-2 ; 6-4 2ª Rolda 20px Heerenveen Flyers 15px 8-11 ; 1-9
Balance nas competicións europeas Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza 10 2 0 8 34 85 -51
Bilbao Categoría:Deporte en Bilbao