miniatura|254px|Brazo humano masculino. Na anatomía humana, o brazo é o segundo segmento do membro superior, entre a cintura escapular (que o fixa ao tronco) e o antebrazo.

Definicións Na linguaxe popular, o termo brazo úsase como sinónimo da extremidade superior ou membro superior do ser humano.brazo, 2ª acep. no Dicionario da RAG.

No entanto, en anatomía, chámase brazo á porción proximalproximal, no Dicionario da RAG. do membro superior,brazo, 1ª acep. no Dicionario da RAG. formada polo úmero, que articula, no ombro, coa escápula (ou omoplata) e, no cóbado, coa ulna e o radio, que forman o antebrazo.

Brazo en anatomía Músculos O brazo posúe catro músculos que se encontran no mesmo compartimento fascial que, no tórax, cobre o deltoide e o pectoral maior: O músculo coracobraquial, que liga o úmero á apófise coracoide da omoplata, no ombro; O músculo braquial anterior, que fai a ligazón co cúbito, no cóbado; O bíceps braquial, gran músculo da parte anterior do brazo que ten ese nome por posuír dúas cabezas (ou partes iniciais), unha ligando igualmente á apófise coracoide e a outra á cavidade glenoide da omoplata; e O tríceps braquial, o músculo da parte posterior do brazo, que ten ese nome por posuír tres cabezas; é responsábel do movemento lonxitudinal do cóbado.

Dos lados do bíceps existen dúas concavidades, na interna das cales se encontra a arteria braquial e o nervio medio do brazo.

Imaxes

Notas

Categoría:Anatomía rexional