é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte externa do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini a partir de imaxes tomadas pola sonda Cassini o 21 de xuño do 2004Martinez, C; Ormrod, G; and Finn, H.; Cassini Discovers Ring and One, Possibly Two, Objects at Saturn JPL news release (9 de setembro do 2004) e descubrimento foi anunciado o 9 de setembro do 2004.IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 9 de setembro do 2004 (descubrimento)

A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.

Outro obxecto, sería detectado 5 horas despois, xusto na parte máis interior do anel F. Recibiría este obxecto unha designación nova, pero suxírese a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F. Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.

Despois de todo, se é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms, tamén podería ser unha lúa pastor da parte exterior do anel F.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Saturno

Ligazóns externas

Cassini-Huygens press release about discoveries around the F ring in 2004 Cassini-Huygens Multimedia: The Clump/Moon Mystery 5 de setembro do 2005 (imaxes das compactacións e/ou lúas vistas ó redor do anel F dende as cámaras da Cassini)

Categoría:Lúas de Saturno