dereita|miniatura|Gustavo Dacal lanzando a xavelina co uniforme da Ximnástica. A Sociedad Gimnástica de Pontevedra (SGP) é un club de atletismo da cidade de Pontevedra. Na actualidade compite na División de Honra de atletismo de España, á que ascendeu en 2007. O seu feudo é o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Historia Foi fundada o 2 de setembro de 1927 por vinte e oito pontevedreses, capitaneados por Leonardo Enríquez Rodas. No seu momento chegou a ter sección de fútbol e de baloncesto.
Entre os seus atletas máis destacados están o lanzador de xevalina Gustavo Dacal (nove veces campión de España) e o saltador Jean Marie Okutu (campión de España de salto de lonxitude en 2009).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.sgpontevedra.com
Categoría:Deporte en Pontevedra Categoría:Equipos de atletismo de Galicia