A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), chamada antes de 2024 Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.
Historia O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecese a normalización da lingua galega. Dunha banda o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Barreiro Rivas, era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente José Manuel Romay Beccaría era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG aínda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concorreron polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigua, tan só os nacionalistas do BNPG-PSG e EG estaban totalmente a favor da súa creación. O 11 de xullo de 1984 aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia
A TVG e a Radio Galega iniciaron as súas emisións o 29 de marzo de 1985 e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.
A CRTVG xestiona as cadeas de radio Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio (DAB e TDT) e as canles de televisión TVG, tvG2, TVG Europa e TVG América, emitindo as dúas últimas canles por satélite. Ademais TVG América tamén emite por TDT e tvG2 exclusivamente por TDT.
O seu Consello de Administración está composto por seis membros elixidos para un mandato de cinco anos polo Parlamento de Galicia entre persoas de acreditado prestixio profesional. A súa misión céntrase en velar polo cumprimento do disposto na Lei de Creación da Compañía e, especialmente, en aprobar aquelas materias que asentan as directrices do funcionamento da entidade pública, como son a programación, a memoria anual, o cadro de persoal e as normas reguladoras da emisión de publicidade.
A TVG e a Radio Galega contan cun consello asesor, que non ten competencias decisorias, senón só asesoras. Está compostos por vogais elixidos entre os traballadores, xestores dos servizos públicos, representantes da Administración Autónoma, Consello da Cultura Galega, universidades, Parlamento e deputacións provinciais.
A Dirección Xeral é un órgano universal que ten a responsabilidade executiva e é nomeado polo Goberno de Galicia para cada lexislatura. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía. Da Dirección Xeral depende tamén a Dirección de Comunicación e Relacións Externas.
Ao redor da Corporación da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.
O 1 de xaneiro de 2016 extinguiuse a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e pasou a denominarse Corporación de Radio-Televisión de Galicia.
O 17 de xaneiro de 2024, a CRTVG creou AGalega, a plataforma dixital de contidos dispoñible como plataforma web e como aplicación. Esta nova marca de contidos audiovisuais en galego supón a adaptación da Televisión de Galicia e a Radio Galega ao eido dixital cara a un consumo de contidos á demanda e en aberto. Foi definida como a "maior plataforma dixital audiovisual en galego do mundo".
Actividades Televisión En televisión, Televisión de Galicia agrupa para a emisión dentro de territorio galego das canles xeneralistas. Todos as canles se poden ver por TDT en Galicia, plataformas de satélite ou cable. As canles son: Logo Canle Inicio de transmisións 63px|centerTVGCanle xeneralista.63px|centerTVG2Canle xeneralista.TVG UHD26 de marzo de 2024
Televisión no exterior As canles de TVG para o exterior están dispoñibles a través de Internet e de diversos satélites e plataformas de pago en España, Europa e Latinoamérica. Logo Canle Inicio de transmisiónsHistoria da Televisión de Galicia-Historia-CRTVG 63px|centerTVG AméricaCanle xeneralista.63px|centerTVG EuropaCanle xeneralista.
Canles en liña Logo Canal Inicio de transmisións 63px|centerAGalegaXabarín TV-Canles directos TVG-CRTVGPlataforma dixital de contidos da CRTVG. 63px|centerXabarín TVXabarín TV-Canles directos TVG-CRTVGPlataforma dixital de contidos para o público infantil e xuvenil da CRTVG.A programación para os máis pequenos, agora dispoñible en móbiles e tabletas a través da App 'Xabarín TVG'-Información corporativa da CRTVG-CRTVGRelanzamento:
Antigas canles Logo Canle Inicio de transmisións Cesamento de transmisiónsGaleusca TVMade in Galeusca»: canales internacionales de TVautonómicos, exportadores de identidadEmisión internacional para América de programas de TVG, TV3 e ETB.Setembro de 1998TelenoticiasCanal Telenoticias (FORTA) 1997-YouTubeCanle de televisión por cable que emitía noticias das canles da FORTA, constituída, nese momento, por ETB, TV3, TVG, Telemadrid, Canal Sur e Canal 9.Vía Digital elimina el canal de noticias de las autonómicas-El País-30/07/1998
Radio En radio, Radio Galega ten tres emisoras que abarcan o territorio galego. Logo Emisora Inicio de transmisións 63px|centerRadio GalegaEmisora xeneralista. 75px|centerRadio Galega MúsicaEmisora de música. 75px|centerSon Galicia RadioEmisora de música.
Lista dos directores xerais AnosDirector1985-1986Luis Losada Espinosa1986-1987Lois Caeiro1987-1990Abilio Bernardo de Quirós1990-1994Ramón Villot1994-2005Francisco Campos2005-2009Benigno Sánchez2009-2025Alfonso Sánchez Izquierdo2025-Concepción Pombo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da CRTVG
Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes