A lingua inuktitut (ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ), é unha das principais linguas inuit faladas no Canadá. É falada nas áreas ó norte da liña de bosque, incluíndo tamén áreas de Terra Nova e Labrador, o Quebec, o noroeste de Manitoba e o territorio de Nunavut. É unha das linguas aborixes americanas que se escriben con silabario.

Está recoñecida como lingua oficial de Nunavut xunto co inuinnaqtun. Ten recoñecemento legal en Nunavik, unha parte do Quebec, e está recoñecida como lingua oficial do ensino nas escolas inuit. Segundo o censo de 2006, existen uns 35.000 falantes de inuktitut no Canadá, incluíndo 200 que viven de xeito regular fóra das terras tradicionais.Various Languages Spoken (147), Age Groups (17A) and Sex (3) for the Population of Canada, Provinces, Territories, Census Metropolitan Areas and Census Agglomerations, 2006 Census – 20% Sample Data and Selected Language Characteristics (165), Aboriginal Identity (8), Age Groups (7), Sex (3) and Area of Residence (6) for the Population of Canada, Provinces and Territories, 2006 Census – 20% Sample Data (Total – Aboriginal and non-Aboriginal identity population O inuktitut está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en inuktitut Lingua de sinais inuit

Categoría:Linguas inuit Categoría:Linguas esquimó-aleutianas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes