Tuvalu é un país pequeno, formado por 9 atois de coral, densamente poboado e cun solo pobre. No tocante á economía de Tuvalu, o país non ten reservas minerais coñecidas, exporta poucos produtos e depende de combustible e alimentos importados. Menos de 1000 turistas por ano visitan o país. As oportunidades de traballo son poucas e o sector público é o maior empregador. Case 15% da poboación masculina traballa en barcos estranxeiros, e a remesa de divisas é unha fonte vital de recursos para a economía, tendo contribuído cuns 2 millóns de dólares o 2007.
A moeda do país é o dólar tuvalés, equivalente ó dólar australiano, cunha taxa de cambio de 1,2894 dólares tuvaleses por US$ 1.
Notas
Tuvalu Categoría:Tuvalu