miniatura|dereita|300px|Stuttgart, 2007. Os 1500 metros lisos é a proba estrela do medio fondo do actual atletismo.
Ata os anos oitenta do século XX foi dominada por corredores europeos e dende entón é practicamente un "couto privado" dos atletas africanos na modalidade masculina e das chinesas na modalidade feminina.
Na modalidade masculina forma parte do programa oficial dos Xogos Olímpicos modernos dende a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A modalidade feminina non debutou ata os Xogos celebrados en Múnic en 1972.
Mellores marcas mundiais (Información actualizada a 10 de xuño de 2012) Homes marcaatletanacionalidadelugar da probadata 1 3'26"00 Hicham El Guerrouj Roma 14-07-1998'' 2 3'26"34 Bernard Lagat Bruxelas 24-08-2001 3 3'27"37 Noureddine Morceli Niza 12-07-1995 4 3'28"12 Noah Ngeny Zürich 11-08-2000 5 3'28"95 Fermín Cacho Zürich 13-08-1997 6 3'28"98 Mehdi Baala Bruxelas 05-09-2003 7 3'29"02 Daniel Kipchirchir Komen Roma 14-07-2006 8 3'29"14 Rashid Ramzi Roma 14-07-2006 9 3'29"18 Vénuste Niyongabo Bruxelas 22-08-1997 10 3'29"27 Silas Kiplagat Mónaco 22-07-2010
Mulleres marcaatletanacionalidadelugar da probadata 1 3'50"46 Yunxia Qu Pequín 11-09-1993'' 2 3'50"98 Bo Jiang Shanghai 18-10-1997 3 3'51"34 Yinglai Lang Shanghai 18-10-1997 4 3'51"92 Junxia Wang Pequín 11-09-1993 5 3'52"47 Tatyana Kazankina Zürich 13-08-1980 6 3'53"91 Yin Lili Shanghai 18-10-1997 7. 3'53"96 Paula Ivan Seúl 01-10-1988 8 3'53"97 Lixin Lan Shanghai 18-10-1997 9 3'54"23 Olga Dvirna Kíiv 27-07-1982 10 3'54"52 Ling Zhang Shanghai 18-10-1997
Véxase tamén Ligazóns externas IAAF, homes. IAAF, mulleres.
Categoría:Atletismo